Obxectivo: rachar coa discriminación coa Baixa Limia

NOA PRESAS BNG - VEREA

O BNG resume os once de goberno de Feijóo coa perda de poboación e de oportunidades de desenvolvemento e a escasa aposta pola reindustrialización

Obxectivo: rachar coa discriminación coa Baixa Limia

A cabeza de lista do BNG por Ourense tamén participou cun encontro con gandeiros no Concello de Verea. Presas amosou o compromiso do BNG co sector gandeiro ademais de apostar pola dotación de chan industrial para a Baixa Limia e a dotación de infraestruturas pendentes co obxectivo de poñer fin á discriminación que sofre este territorio.

Por unha banda, Noa Presas falou de mellorar as conexións coa recuperación de infraestruturas comprometidas – como a continuación da execución da segunda fase da estrada OU-540, desde o remate da actual autovía en Celanova (Casal do Bispo) até a fronteira da Madalena no límite do concello e Lobios- tal como estaba contemplado no decreto de 2009.

Asemade, a cabeza de lista destacou que cómpre un novo modelo de xestión para o Parque do Xurés “que poña fin ao escurantismo e a falta de participación da veciñanza e dos comuneiros tal e como ten denunciado o BNG no Parlamento Galego e no Parlamento Europeo”. Continuou explicando que a partir do 5A, o BNG impulsará o sector primario con medidas importantes ademais de exercer unha postura negociante coa Comisión Europea con relación á PAC ante os posíbeis recortes.

Por último, a deputada do BNG comprometeuse a impulsar o parque empresarial nos Chaos-Santa Comba para localizar empresas e aproveitar a situación xeográfica estratéxica. “mentres no resto de Galiza falta chan industrial, non podemos permitir que Ourense non aposte por ampliar as súas posibilidade e máis tendo en conta a súa proximidade co norte de Portugal, que si que está sendo quen de reindustrializarse” asegurou a candidata do BNG.

Obxectivo: rachar coa discriminación coa Baixa Limia