PP e D.O opóñese á proposta do BNG de crear un Xulgado específico de Violencia de Xénero en Ourense e ás medidas para mellorar a Atención Primaria

Pleno de novembro
Pleno de novembro

Bernardo Varela tratou de chegar a un acordo cos grupos de goberno para conquerir unanimidade institucional na defensa da sanidade, o ferrocarril e contra a violencia de xénero, que finalmente non foi posible acadar.

PP e D.O opóñese á proposta do BNG de crear un Xulgado específico de Violencia de Xénero en Ourense e ás medidas para mellorar a Atención Primaria

 O voceiro do BNG na deputación provincial de Ourense, Bernardo Varela, centraba ao BNG no pleno da Deputación na loita contra a violencia de Xénero, a mellora da Atención Primaria, e a demanda dun ferrocarril público e social.

 O grupo nacionalista demandaba ao pleno que tivese en conta as reivindicación da plataforma SOS Sanidade Publica, para reforzar a atención primara con máis recursos e reducir a precariedade laboral do persoal sanitario e para isto demandaba a aplicación  do  “Plan de Mellora da Atención Primaria” que redimensione os equipos multidisciplinares para dar cobertura as necesidades de saúde da poboación, así como a necesidade de  incrementar de maneira urxente o orzamento sanitario, destinado a Atención Primaria, co obxectivo sería alcanzar o 25% do orzamento.

O PP negando a realidade da problemática existente na Atención Primaria non aceptou as propostas, e negándose a chegar a un acordo.  Ante esta situación o voceiro do BNG fixo públicas ante o pleno provincial as imaxes que lle enviaban nese mesmo intre usuarios do Hospital de  Ourense desde a sala de espera, que visionaban o pleno desde o seus dispositivos móbiles, e nas que se podía apreciar unha saturación da sala de espera que desmentía o relato bucólico do PP, tal como se denunciaba na moción e que o PP se negou a recoñecer.

sala de espera do hospital de Ourense durante o pleno provincial

 

PP e DO votan en contra dun xulgado específico de violencia machista

  O voceiro nacionalista demandou que a Deputación de Ourense fixese súa a reivindicación do BNG de demandar ao Goberno do Estado un Xulgado Específico de Violencia de Xénero en Ourense.  “A necesidade deste xulgado específico de violencia de xénero faise de especial necesidade en Ourense, onde o xulgado numero 3 de Ourense se atopa excesivamente saturado”, declaraba Varela, porén PP e DO votaron en contra, polo que foi rexeitada a proposta.

O BNG tamén propuxo ao ente provincial demandar do Estado e da Xunta de Galiza que se incrementasen as partidas orzamentarias contra a violencia machista, destinadas a financiar as medidas establecidas para combater esta lacra social, cuestión que tamén foi rexeitada cos votos en  contra do  PP como de  D.O

 

PP e DO votan en contra dun tren público e social

O partido popular xunto a DO tamén votaron en contra da proposta do BNG de demandar do Estado a mellora da liña de ferrocarril convencional do Miño que une Ourense con Vigo.

 Sorprendeu, indica o voceiro do BNG, que o propio grupo de goberno xunto a Democracia Ourensá votasen en contra da proposta do BNG de priorizar dúas declaracións institucionais da propia Deputación de Ourense, a declaración institucional  “sobre a problemática do ferrocarril na provincia de Ourense” e a declaración institucional “en defensa do ferrocarril público e social” nas que se demanda a recuperación de frecuencias, persoal, melloras de infraestruturas e a promoción trens de proximidade, así como a recuperación de estacións para ofertar un servizo público, digno e de calidade aos cidadáns e articular o noso territorio. Ámbas declaracións institucionais aprobadas por unanimidade na Deputación de Ourense fai só un mes, tras a petición de dous sindicatos  diferentes.

PP e D.O opóñese á proposta do BNG de crear un Xulgado específico de Violencia de Xénero en Ourense e ás medidas para mellorar a Atención Primaria