A renuncia de Baltar non pode ser un que mude todo, para rematar sendo todo igual
O anuncio de renuncia de Baltar só implica que o Baltarismo continúa manexando o PP e evidenciando a imposiblidade práctica de refundar o Partido Popular.
O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, afirma que desde o grupo do BNG na Deputación na Provincia de Ourense, “por certo o que máis medrou nestas últimas eleccións, pasando de 1 a 3 deputados”, entendemos que a renuncia do actual presidente provincial á reelección era a crónica dun feito anunciado. O PP do Sr. Feijoo non podía seguir soportando o bochorno de sustentar os usos indebidos de vehículos públicos, os xuízos por presuntos delitos ó volante e os audios de actuacións presuntamente delitivas.
Con todo, o que agardamos é que esto non sexa un simple cambio de cromos onde todo muda para continuar exactamente igual, cun sistema caciquil que ven abafando a esta provincia dende fai máis de 30 anos, cunha caída de máis de 30 mil habitantes e a perda de competitividade e oportunidades para Ourense.
O Sr. Baltar anuncia que se marcha para quedar á fronte do PP na provincia, semella que dende alí poderá continuar a teledirixir os fíos e “a nosa obriga é propugnar que sexa esta forma de gobernar que representa o PP en Ourense o que deixe paso a un tempo de esperanza” di Varela.
O BNG agarda que a Deputación Provincial de Ourense teña un verdadeiro cambio que axude a mellor a da calidade de vida dos veciños e veciñas deste territorio, pois
Máis de 30 anos de Baltarismo non poden rematar co PP atrincherado na Deputación e Baltar á fronte dese partido na Provincia. E “confiamos en que tal como manifestamos na Deputación é o momento de mudar o funcionamento da mesma e eso pasa por darlle un tempo ao PP fora do goberno provincial”