Imprimir

Noa Presas pide que Galiza asuma todas as competencias referidas a medio ambiente

BNG de Ourense | 05 de xuño de 2016

"Desde o BNG-Nós Candidatura Galega reclamamos concentrar todas as competencias referidas ao medio ambiente na Administración galega. Non ten sentido que desde Madrid se decida que se fai e como cos nosos ríos", dixo onte Noa Presas, cabeza de lista ao Congreso por Ourense, durante unha rolda de prensa a beira do río Miño en Lugo, xunto a Olalla Rodil, número un da lista por Lugo.

As candidatas polo BNG ao Congreso nas circunscricións de Lugo e Ourense reivindicaron, dende Lugo, a necesidade de que Galiza recupere as competencias sobre as concas hidrográficas galegas. Para o BNG “a dependencia de Galiza do Estado non deixa de lastrar os nosos recursos tanto económicos como naturais” e por iso, segundo Olalla Rodil e Noa Presas, “mentres nos se traspasen todas as competencias, o que terá que facer o goberno de Madrid é comprometer recursos orzamentarios para manter a paisaxe e os nosos recursos naturais para que non volvan darse atentados contra os nosos ríos como o da Fábrica da Luz”.

Respecto da homenaxe a Bóveda en Ourense

Noa Presas, que onte pola mañá participou nunha homenaxe en Ourense a Alexandre Bóveda para celebrar a data do nacemento, en 1903, do político e intelectual nacionalista asasinado polo réxime franquista en 1936, recordou ao Partido Popular -que organizou o acto como goberno no Concello de Ourense- que ademais de recoñecer ás vítimas, debería honrar a súa memoria condenando “sen ambigüidades” o franquismo e facilitando que no Estado español se xulguen aos verdugos. Lugo/Ourense, 5 de xuño de 2016

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outras-novas/noa-presas-pide-galiza-asuma-todas-competencias-referidas-medio-ambiente/20160605090521001855.html


© 2019 BNG de Ourense

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: [email protected]