Adhesión dos socialistas á proposta do BNG para que haxa un debate electoral público en Ourense
Noa Presas agradeceu onte o apoio explícito do PSdG-PSOE á proposta lanzada o luns polo BNG para que se celebre un debate público entre as candidatas e candidatos cabeza de lista ao Congreso por Ourense. A través da súa conta de Twitter (@PSdeG_Ourense), os socialistas ourensáns se adheriron o xoves á proposta nacionalista. Hai tempo se hai vontade, dixo esta mañá Noa Presas, creemos que un debate público non só é a mellor forma de contrastar ideas e proxectos, senón que é a única garantía de que en Ourense se fale de Ourense nestas eleccións. A adhesión dos socialistas ao debate é a segunda que se produce despois de que Recortes Cero mostrara o martes a súa disposición. O BNG enviou unha carta a cada unha das outras sete candidaturas que se presentan por Ourense animándoas a debater. Ourense, 4 de xuño de 2016