galiza
Novas
Puga, Valado, Begoña Conde, Marcos Nogueiras, Sonia Vidal, Bernardo Varela, María Mangana

O BNG leva á Deputación de Ourense unha moción de apoio ao sector agrogandeiro fronte ao acordo UE–MERCOSUR e os recortes da PAC

Bernardo Varela denuncia que o sector agrogandeiro “non precisa mans polo lombo nin falsas promesas, precisa accións políticas decididas” e reclama que as institucións se posicionen con claridade na defensa do campo ourensán

O portavoz do BNG na Deputación advirte de que o acordo comercial coa América do Sur, a reforma da PAC e a falta de medidas sanitarias fronte á Dermatose Nodular Contaxiosa poñen en risco a pervivencia do medio rural nunha provincia “cunha alta dependencia social e económica deste sector”

Ler novas
Novas
Secundino FERNANDEZ, María Mangana, Bernardo Varela, Luís Seara, Ana Miranda, Sonia Vidal, Xosé Manuel Puga, Iago Tabarés

O BNG acompaña o sector agrogandeiro na tractorada en Ourense contra o acordo UE-MERCOSUR

Ana Miranda denuncia que se trata dun acordo “moi prexudicial para o sector agrogandeiro galego” e afirma que o BNG “non vai apoiar ningún tratado que venda o campo galego nin someta as nosas produtoras e produtores a unha competencia desleal”

O deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Secundino Fernández, advertiu de que tanto o acordo UE-MERCOSUR como a nova PAC suporán “unha redución moi importante dos fondos europeos destinados ao agro galego, poñendo en risco o futuro do medio rural e a remuda xeracional”

Ler novas
Novas
DSC_3890

O BNG reivindica desde Ourense o seu compromiso coa soberanía, a xustiza social e a esperanza dun futuro mellor para Galiza nos actos previos ao Día da Patria 2025

Néstor Rego: “Estamos en Madrid para defender os intereses dos galegos e galegas sen ataduras nin renuncias. A realidade demostra que os únicos avances sociais chegan da man das forzas soberanistas, e que é o BNG quen consegue avances reais para Ourense e para a Galiza no seu conxunto”

Noa Presas: “Somos a esperanza deste País e temos que organizar máis xente connosco para fortalecelo en todo os ámbitos: no sindicalismo, no xuvenil, no feminismo, na loita contra a depredación ambiental e en todos os espazos de participación política.”

Luís Seara: “ É preciso incorporar a este proxecto a todas as persoas que comparten o desexo dunha Galiza viva, forte, xusta e con futuro”

Ler novas
Novas
Bernardo Varela

O BNG acada o apoio da Deputación para demandar da Xunta e do Estado a recuperación de liñas e frecuencias de autobús e ferrocarril que ambas institucións eliminaron en Galiza e Ourense.

Bernardo Varela propuxo unha batería de medidas para garantir unha mellora na mobilidade a través de transportes públicos colectivo e articular o territorio e atender en especial zonas rurais, que só o PSOE se negou a apoiar.

Aprobase a declaración institucional impulsada polo BNG para declarar zona catastrófica as zonas afectadas polos lumes en Galiza

Ler novas
Novas
Momento da rolda de prensa

O BNG encara a súa XVII Asemblea Nacional do vindeiro 07 de novembro co reto de culminar o cambio político transformador na Galiza coa presidencia da Xunta

Segundo o responsable Comarcal Sarín Núñez "Somos unha organización forte, presente e enraizada en todo o país, que está a vivir un proceso de medre organizativo nos últimos anos e que se marca como un dos obxectivos centrais agrandar a base social do nacionalismo para reforzar o BNG como alternativa política".

Ler novas
Novas
Bernardo Varela

O BNG defendeu os intereses de Galiza no pleno provincial ante os abusos das eléctricas

Varela propuxo a creación dunha empresa pública galega de enerxía que xestionase os encoros con concesións vencidas e cando menos o 20% da enerxía producida polos eólicos instalados en Galiza.

Os partidos de Baltar e Jacome opoñense ao financiamento privincial equitativo do Plan Único proposto polo BNG e aproban uns orzamentos clientelares e tóxicos para a maioria dos concellos de Ourense

O BNG demandou a recuperación de desconexións territoriais da CRTVG

Ler novas