Novas
Rhut Reza, luís Seara e Erea Blanco en rolda de prensa

O BNG advirte que as reclamacións das empresas concesionarias do Concello de Ourense “superan amplamente os 25 millóns de euros”

O Consello Consultivo de Galiza certifica o avanzado polo BNG no mes de xaneiro en relación ás reclamacións económicas da concesionaria do servizo de recollida de lixo ECOURENSE e as cales ascenden a un total de 4.784.661,68 de euros entre 2022 e 2023. No ditame emitido polo Órgano Consultivo, danse por bos os argumentos esgrimidos pola concesionaria e desbótanse os da Asesoría xurídica do Concello

Ler novas
Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

O BNG censura a actitude do MITMA e do ADIF ao non reunirse co Concello de Ourense para abordar o proxecto de integración da Alta velocidade en Ourense

Desde a formación nacionalista solicitaron en reiteradas ocasións que o Concello se dirixise a ambas institucións e reclamara unha reunión da comisión de seguimento das obras. En resposta, o Goberno Local ven de facilitarlle ao BNG copia das cartas remitidas no mes de outubro e que a día de hoxe aínda non obtiveron resposta

O BNG de Ourense anuncia que a través dos seus representantes tanto no Congreso dos Deputados coma no Senado, “instaremos ao Estado para que dea unha resposta e se sente a falar co Concello de Ourense pois independentemente de quen o goberne, e desde logo o BNG non é sospeitoso de ser cómplice de Jacome, o que está en xogo é o futuro de Ourense e iso está por riba de calquera outra consideración”

Ler novas
Erea Blanco, Concelleira do BNG no Concello de Ourense

A posta a disposición da UVigo de terreos para a ampliación do Campus e o soterramento da Avda Otero Pedrayo irán ao Pleno do Concello de Ourense deste venres da man do BNG

Desde o Grupo municipal nacionalista entenden que “o Campus de Ourense é unha oportunidade para o desenvolvemento económico, social e demográfico de Ourense polo que as distintas administracións, lideradas polo Concello, deben traballar da man en defensa de toda reivindicación encamiñada á mellora dos servizos públicos e das infraestruturas”

Ler novas
Rhut Reza, Luís Seara e Erea Blanco en rolda de prensa

O BNG denuncia a cesión irregular a terceiros da explotación da cafetería do Xardín Xaponés por parte do actual adxudicatario “incumprindo flagrantemente o contrato de concesión”

Desde o Grupo municipal do BNG denuncian que “da información e dos informes técnicos aos que tivemos acceso, despréndense irregulariedades e incumprimentos do contrato que mesmo chegan á cesión irregular a terceiros da explotación do establecemento”

Na formación nacionalista pregúntanse o motivo polo que o Goberno Local non soamente non actúa para velar polo comprimento do contrato asinado senón que “valida as irregulariedades cometidas polo adxudicatario”

Ler novas

O BNG cualifica de “burla e falta de respecto” que o mesmo día no que se anuncia a paralización do programa comedor sobre rodas alegando aforro de cartos, se anuncie “a bombo e prato” a contratación de orquestras

Rhut Reza: “é indignante e dunha unha falta total e absoluta de respecto e revela a pouca empatía e a pouca sensibilidade do Goberno Local que acaba ademais de escenificar cales son as súas prioridades. Ao tempo que anuncian que deixarán sen comer a persoas vulnerables e dependentes e que con iso aforrarán 90.000 euros, anuncian festas e actuacións musicais dun elevado custe para as arcas municipais”

Ler novas
Rhut Reza, Luís Seara e Erea Blanco en rolda de prensa 25.03.24

O BNG censura o errático proceder do Goberno Local no referido á anulación do capítulo I do Orzamento e esixe “que se concrete cómo se vai resolver un problema de enorme relevancia que o propio Goberno creou”

Segundo a formación nacionalista “a responsabilidade desta chapuza monumental é do actual Goberno, pero non estariamos aquí se non houbera responsabilidade compartida entre os socios daquela PP-DO, quenes, a pesares de advertilos reiteradamente, fixeron caso omiso ás recomendacións dos técnicos, dos Grupos politicos, e dos sindicatos”

Ler novas
Rhut Reza

O BNG urxe solucións ao Goberno Local ante o inminente remate do Servizo comedor sobre rodas previsto para o próximo 27 de marzo e que deixará ás e aos usuarios “sen comer en plena Semana Santa”

Desde a formación nacionalista volven cuestionar a falta de anticipación e de planificación por parte do Executivo local diante do remate da concesión dun Servizo “moi necesario” e piden a adopción dunha solución urxente xa que “o Concello vai deixar sen comer ás e aos usuarios en plena Semana Santa”

Ler novas
María Albert, Manolo Conde,María Mangana, Cristina Cid, Bernardo Varela, Noa Presas, Iago Tabarés

O BNG demanda da Xunta e do Estado a financiación dos servizos públicos financiados polos concellos de forma impropia

Bernardo Varela “que os concellos financien competencias que a propia lexislación indica que lles son impropias está afogando aos municipios da provincia .” 

“Os concellos deben consignar millóns de euros de fondos propios para financiar uns servizos doutras administracións  en detrimento doutros servizos que si lles son propios”

Ler novas