Novas

O BNG ratifícase ao asegurar que “o Concello de Ourense está nunha situación económica moi crítica que pon en perigo a súa estabilidade”

Desde o Grupo municipal do BNG entenden que as alegacións presentadas polo Interventor municipal ao expediente de cese/remoción aberto contra el pola Alcaldía, “ratifican o que desde o BNG vimos denunciando desde hai meses, opacidade na xestión, nulo respecto aos procedementos e dilapidación dos cartos públicos”

No referido ao acoso laboral denunciado polo Interventor no seu escrito de alegacións, no BNG teñen claro que “é unha práctica habitual no Concello desde a chegada de Jácome, quen pretende amedrentar ás e aos traballadores que non son funcionais aos seus intereses, o do Interventor non é o único expediente aberto, xa temos unha sentenza condenatoria e os abusos de poder e as descualificacións son constantes”

Ler novas
Luís Seara, Portavoz do BNG, no Xardín do Posío

O BNG puntualiza a Jácome no referido á reforma integral do Xardín do Posío

Desde o Grupo municipal advirten que o que se fixo até o de agora foi o que se denomina “tramitación anticipada”, e sinalan que “carece de crédito para poder ser executado, crédito que non poderá ser habilitado até que se aprobe a liquidación do orzamento do exercicio 2023”

No BNG lamentan que “este proxecto leve tanto tempo parado” e que ao longo de todo o 2023 e dentro das múltiples modificacións de crédito levadas a Pleno, algunhas delas referidas a parques e xardíns, “non se contemplase a tan necesaria e demandada reforma integral do Xardín do Posío”

Ler novas
thumbnail_IMG_5198

O BNG denuncia que o incremento de persoal e a falta dun orzamento actualizado provoca problemas para o pagamento de nóminas no Concello de Ourense

Para o Portavoz nacionalista Luís Seara esta situación ven dada polo “incremento de persoal durante a era Jácome, aquel que dicía que cumpría reducir o seu número, o que unido á falta dun orzamento aprobado e actualizado provoca que a día de hoxe haxa que recurrir a unha transferencia de crédito para poder facer fronte á nómina de decembro”

Ler novas
Rhut Reza, Concelleira do BNG

O BNG denuncia que, a día de hoxe, o Goberno Local segue sen cumprir con 11 entidades do 3º sector

A Concelleira do BNG Rhut Reza advirte que “estamos a 21 de decembro, a piques de que remate o ano, e hai 11 entidades sociais do terceiro sector atravesando unha situación delicada por causa da mala xestión, da insensibilidade e da falla de planificación do Goberno Local”

A formación nacionalista defende que “aínda que non é o sistema máis xusto, nin o que nós defendemos, pedímoslle ao Goberno Local que asine de xeito excepcional convenios con estas 11 entidades para que perciban o que lles correspondía do 2022 e tamén do 2023”

Ler novas
IMG_7170

O BNG salienta que a piques de rematar 2023, o transporte público municipal segue a ser unha materia pendente para o Goberno local

Desde a formación nacionalista destacan que pese aos continuos anuncios feitos por parte da alcaldía, a día de hoxe “non se completou a renovación da flota, non se deseñou o novo mapa de liñas e non se licitou a xestión do Servizo”

O BNG cuestiona igualmente todo o procedemento de adquisición dos novos buses e sinala a situación na que se atopan tanto os chamados “busitos” coma os eléctricos

Ler novas
Sarín Núñez, Rhut Reza, Iago Tabarés, Noa Presas, Erea Blanco, Luís Seara, X.M.Puga, Fernando Varela e Xabier

O BNG presenta a campaña de apoio ao comercio local impulsada pola Organización nacionalista

A deputada Noa Presas, encargada da presentación da campaña, sinalou que “apoiar ao comercio local é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Ourense e para Galiza, de humanizar as cidades e impedir a desertización dos nosos concellos”

Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega que é de extraordinaria calidade”

Ler novas