MOCIÓN SOBRE O ESTABLECEMENTO DE UN FONDO PARA A XERACIÓN E O MANTEMENTO DO EMPREGO EN OURENSE
O concello de Ourense tiña segundo as últimas estatísticas máis de 11.000 persoas buscando emprego, o cal supón unha taxa de paro do 21,2%. A falta de traballo, produto da crise estrutural do actual sistema económico, afecta principalmente á mocidade, as mulleres e ás persoas paradas de longa duración.
O Grupo Municipal do BNG esta plenamente convencido de que o Concello non pode permanecer impasible ante a gravidade dunha situación, que a opinión pública considera que lonxe de mellorar, agravarase nos próximos meses. É necesario establecer unha acción municipal clara e urxente que contribúa a deter o proceso de destrución de emprego, ofertando ferramentas eficientes que demostren a súa eficacia sin máis pérdida de tempo, e neste senso, a concesión por parte do Concello de Ourense de microcréditos para o emprendemento, para o comercio local e para a industria cultural, parecennos o xeito máis acaído para poder aportar luz entre tanta sombra.
Este Fondo para a Xeración e o Mantemento do Emprego en Ourense podería concretarse en tres liñas diferenciadas de actuación. A primeira dirixida ao emprendemento empresarial, con especial interese no ámbito do termalismo e que favorecería a aqueles sectores sociais máis castigados pola crise, como parados de longa duración, mulleres e mocidade. Unha segunda orientada ao comercio local, que coa sinatura dun convenio público do mantemento do emprego proporcionaría aos pequenos comercios ourensáns microcréditos para solventar problemas de liquidez. E, finalmente, unha terceira liña para o fomento da industria cultural, coa que se promocionaría o desenvolvemento da cultura propia como investimento e proxecto de futuro, nunha cidade caracterizada ao longo da súa historia por ser vangarda cultural.
Ademáis, este Fondo, ao empregrar microcréditos como única ferramenta de xestión, non influiría no teito de gasto, por seren activos financeiros (Capítulo VIII dos orzamentos).
Segundo declarou o Sr. Alcalde recentemente, o Concello de Ourense dispón dun remanente de tesourería de 27'5 millóns de euros, e esta abultada cantidade permite realizar modificacións de crédito para atender necesidades urxentes e prioritarias para os cidadáns. Pois ben, O Grupo Municipal do BNG considera que non hai necesidade máis urxente nin prioritaria que financiar con parte de ese remanente un Fondo para a Xeración e o Mantemento do Emprego en Ourense, que se xestione a través da concesión de microcréditos.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción dos seguintes
ACORDO
1.- Que se elabore urxentemente unha modificación de crédito por importe de 3 millóns de euros, financiada co remanente de Tesourería, para establecer un Fondo para a Xeración e o Mantemento do Emprego en Ourense, que conceda microcréditos a emprendedores, ao comercio local e a empresas da industria cultural de Ourense.