NOA PRESAS E SUSO VILASÁNCHEZ COS APICULTORES, XUNTANZA NA MEZQUITA ORGANIZADA POLO ALCALDE, RAFAEL PÉREZ

O BNG impulsará unha norma que defenda aos apicultores ante o abuso das transhumancias descontroladas

mezquita2
mezquita2
Noa Presas e Suso Vilasánchez, números 1 e 2 da lista do BNG por Ourense, reuníronse con apicultores do oriente ourensán e avanzaron que o BNG creará unha marca para os produtos agrarios galegos “fronte a competencia desleal”.
O BNG impulsará unha norma que defenda aos apicultores ante o abuso das transhumancias descontroladas

“O BNG impulsará norma que defenda aos apicultores ante o abuso das transhumancias descontroladas”, avanzou Noa Presas esta mañá nunha reunión con apicultores na Mezquita, na que tamén participou o alcalde da localidade, Rafael Pérez.

Os apicultores informaron a Presas sobre a indefensión que se produce pola práctica de empresas de fóra de Galiza que, despois de facer tres colleitas no sur do Estado, transportan as súas colmeas ata fincas particulares da Mezquita, A Gudiña, Riós ou Viana, entre outros concellos, para a colleita da flor do Carballo. Instálanse a principios de xullo ata finais de agosto. Na maioría dos casos non solicitan os permisos pertinentes á Administración autonómica e local. E, cando se tramitan as sancións, chegan tarde ou son insuficientes como medida disuasoria para evitar que produtores de fóra diminúan a produción local.

Noa Presas advertiu que o BNG impulsará os cambios precisos na lexislación en vigor “para que a norma se aplique con axilidade e coa urxencia necesaria para que se fagan efectivas as sancións”, recollendo as demandas dos apicultores.

A candidata nacionalista tamén sinalou que para campañas como a actual, onde a produción foi baixa, o BNG proporá unha “reserva nos orzamentos” para axudas en situacións coma esta.

Ademais, Presas indicou que o Bloque ten previsto impulsar a creación “dunha marca xeral para os produtos agrarios galegos, que acabe coa competencia desleal e cos enganos de produtos feitos noutros territorios do Estado e vendidos falsamente como galegos”. A Mezquita, 5 de setembro

 

...

O BNG impulsará unha norma que defenda aos apicultores ante o abuso das transhumancias descontroladas