ANA PONTÓN E NOA PRESAS PARTICIPARON NUNHA MANIFESTACIÓN DO COLECTIVO DE EMIGRANTES RETORNADOS EN OURENSE

Sodes un exemplo de resistencia e e dignidade e estaremos ao voso lado ata o final

Ponton e Presas na mani dos emigrantes retornados esta maña en Ourese 2
Ponton e Presas na mani dos emigrantes retornados esta maña en Ourese 2

A manifestación, na que participaron medio cento de persoas, transitou desde a Alameda ata a delegación de Hacienda, lugar habitual das concentracións dos emigrantes retornados en Ourense.

Sodes un exemplo de resistencia e e dignidade e estaremos ao voso lado ata o final

“Sodes un exemplo de resistencia e dignidade. Levades tres anos nesta loita e nós estaremos ao voso lado ata o final”, dixo Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, no comezo da manifestación do colectivo de emigrantes retornados, a segunda que se convoca a nivel nacional despois da de Vilagarcía a semana pasada -este sábado estarán en Ribeira-. “Fronte ao abuso do señor Montoro e da Hacienda do Estado, a vosa resistencia deu froitos e serve de exemplo para os máis novos de que non cabe a resignación”, incidiu Presas, que recordou a loita incansábel de Tereixa Paz nos seus anos como parlamentaria en defensa do colectivo. 

Noa Presas participou no inicio da marcha xunto á candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, e outros membros da lista do BNG por Ourense, como Suso Vilasánchez (número 2) e Ángel Amaro (nº 4), entre outros. Ana Pontón agradeceu as mostras de apoio ao BNG por parte dos emigrantes retornados e subliñou que eles conseguiron demostrar “que os defraudadores son outros, son os Bárcenas do PP que levan os cartos para Suíza, non para aquí”. "Sodes xente que non se resignou e fostes fóra a buscar o pan que non había nesta terra. Para o BNG é inxusto o que leva feito o goberno central con todas vos, é inxusto que mentres fan amnistías fiscais para os ricos, estean roubándovos as vosas pensións”, engadiu Pontón. Ourense, 16 de setembro
 

 

Sodes un exemplo de resistencia e e dignidade e estaremos ao voso lado ata o final