O Alcalde está obrigado a esixir o cumprimento da proposta nacionalista que se aprobou sobre o AVE
Na reunión que manterá hoxe o alcalde coa Ministra de Fomento para abordar a chegada do AVE a Ourense, o BNG pídelle que lle esixa o cumprimento do último acordo plenario no que se aprobou a proposta nacionalista que reclamaba catro puntos básicos:
1- A chegada do AVE a Ourense no ano 2018
2- A chegada do tren pola variante exterior con todas as prescripcións medioambientais previstas, deixando o trazado actual para o uso do transporte intraurbano
3- Evitar a fractura urbana dos barrios da Ponte e do Vinteún
4- Contrucción dunha estación intermodal , integrando no mesmo espazo a estación de autobuses
Os nacionalistas critican que o rexedor insista en defender a súa posición de parte obviando no debate público o acordo plenario. Para o BNG non pode ser máis importante o nome de quen deseñe a estación que a propia chegada e integración da alta velocidade en Ourense cando levamos máis de 10 anos agardando ao cumprimento deste compromiso por parte do goberno do Estado.
O grupo de goberno sigue coa teima de que a estación sexa a deseñada por Norman Foster co argumento de que se financiaria coa recalificación de 134.000 m2 nun momento económico de profunda crise do sector inmobiliario e cando vimos de coñecer os datos das vivendas baleiras en Ourensen que son xa máis de 14.600, cun sector da construcción prácticamente paralizado pola situación económica. Neste sentido o BNG reitera que a estación debe ser aquela que mellor se adecúe ás necesidades da cidade, que neste momento pasan pola intermodalidade e por non ser un obstáculo para a chegada e integración do AVE.