A alternativa do PP é copiar as propostas do BNG

A alternativa do PP é copiar as propostas do BNG

O GRUPO MUNICIPAL DO BNG AGARDA QUE D. ROSENDO FERNÁNDEZ APOIE A PRÓXIMA CONVOCATORIA A FAVOR DA SOBERANÍA DE GALIZA

O grupo municipal nacionalista no Concello de Ourense ten claro que o PP de Ourense lonxe de ser unha alternativa creible para o goberno desta cidade, o único que está demostrando, polo menos nas últimas semanas, é que o seu traballo político consiste en facer “seguidismo” das ideas e propostas que presenta o BNG. Estamos convencidas que ante unha hipótetica moción pedindo a soberanía o grupo liderado por D. Rosendo presentaría unha moción parecida decindo que foi idea súa.

Hoxe o PP votou a favor da emenda proposta polo BNG de ampliación a tres meses do período de exposición pública do PXOM, logo ademais de solicitar en Xunta de Área de Urbanismo que quedara constancia de esa solicitude, cando o BNG xa presentara esta emenda.

Tamen sabemos hoxe pola prensa que o PP “demanda autobús gratis para desempleados”, cando esta foi unha iniciativa plantexada desde o pasado decembro polo BNG e aprobada definitivamente polo Concello hai un mes.

logoBNGNon resulta curioso, por tanto, que o PP se sume á iniciativa do BNG de solicitar a supresión do cobro da tarxeta magnética de acceso rodado ao Casco Histórico que anunciamos a pasada semana, e que de feito calque as emendas presentadas polo BNG ao proxecto de modificación das ordenanzas fiscais reclamando propostas e iniciativas do bloque.

E non queda demasiado lonxe no tempo a polémica, rexistrada no twitter, sobre dúas mocións harto semellantes sobre a falta de profesor/a de violín na escola de música.

Desde o BNG celebramos que o grupo municipal do PP valore tanto as propostas nacionalistas que as faga súas, por iso agardamos que se sumen de forma entusiasta á próxima convocatoria ou proposta que anunciemos.

Ourense, 25 de outubro de 2013

A alternativa do PP é copiar as propostas do BNG