Apoiamos a demanda veciñal para construír un campo de fútbol en A Carballeira

Apoiamos a demanda veciñal para construír un campo de fútbol en A Carballeira

No pleno de abril, o grupo municipal nacionalista levará a pleno unha proposta para que se construa en A Carballeira un campo de fútbol tendo en conta que no PXOM do ano 1986 -o actualmente vixente- reservánbanse 10.000 m2 de solo dotacional para uso deportivo-recreativo.

IMG_3549

A voceira do BNG, Susana García, explicaba esta mañá que o Concello debe facer as xestións necesarias para pór os terreos a disposición da Federación Galega de Fútbol aproveitando que o seu novo presidente , Rafael Louzán, anunciou que sería Ourense o lugar onde quería construír o primeiro campo de fútbol. Debemos aproveitar esta oferta porque Ourense ten carencias de infraestruturas deportivas e este barrio, e tamén os colindantes, carecen de instalacións próximas.

Precisamente a estas carencias facía mención o presidente da AVV Carlasca, Arturo Rodríguez, quen acompañado de varias veciñas-os lembraba que se presentaran alegacións ao PXOM que actualmente se tramita para que se mantivera o solo dotacional que aparecía na normativa do 1986.

Arturo Rodríguez criticaba que @s nen@s e moz@s de A Carballeira e As Camelias eran nómadas do deporte porque tiñan que desprazarse a Oira, Santa Cruz de Arrabaldo ou Velle para poder xogar. Por isto se creou a Plataforma Campo de Fútbol A Carballeira na que están representadas as asociacións veciñais e os clubes deportivos que están recollendo sinaturas para reclamar que se faga esta instalación.

No período de exposición do PXOM, o BNG apoiou as alegacións veciñais mais prevendo que a aprobación definitiva se poida demorar no tempo e que hai unha oferta concreta para que Ourense conte con outra instalación deportiva queremos que a corporación apoie dar un paso máis e empezar os trámites para pór os terreos a disposición da Federación e das Administracións que asuman a construcción deste campo de fútbol.

Apoiamos a demanda veciñal para construír un campo de fútbol en A Carballeira