O BNG amosa todo o seu apoio ás traballadoras e traballadores de Faurecia en Ourense e esixe a implicación da Xunta de Galiza

Mon Fernández, María Mangana, Iago Tabarés e Brais Ruanova
Mon Fernández, María Mangana, Iago Tabarés e Brais Ruanova

Esta mañá, os deputados no Pazo do Hórreo Iago Tabarés, Brais Ruanova e Mon Fernández e a deputada provincial María Mangana, mantiveron un encontro coa representación da CIG no Comité de Empresa para coñecer de primeira man a súa situación, trasladarlles todo o apoio do BNG e para articular iniciativas en ambas institucións

O BNG amosa todo o seu apoio ás traballadoras e traballadores de Faurecia en Ourense e esixe a implicación da Xunta de Galiza

Ourense, 19 de febreiro de 2025. Nas últimas semanas as novas en relación á fábrica que o Grupo Forvia, antiga Faurecia, ten no Polígono de San Cibrao das Viñas son máis que preocupantes. A incertidume en torno á viabilidade da mesma acendeu todas as alarmas entre as traballadoras e traballadores que ven perigar o seu posto de traballo e o seu futuro.

Esta mañá, os deputados no Parlamento galego Iago Tabarés, Brais Ruanova e Mon Fernández xunto á deputada provincial María Mangana, mantiveron un encontro coa representación da CIG no Comité de Empresa para coñecer de primeira man a situación, trasladarlles todo o apoio do BNG e para articular posíbeis iniciativas tanto no Pazo do Hórreo como na Deputacion.

Ao remate da reunión, Iago Tabarés manifestaba “a solidariedade do BNG e o noso compromiso coa defensa dos 300 postos de traballo do sector industrial” e engadía, “reclamámoslle á Xunta de Galiza a súa implicación no mantemento da carga de traballo para Faurecia Ourense”.

Tabarés foi máis alá ao reclamar, “o compromiso do Goberno galego co sector da automoción, sector moi importante para o desenvolvemento industrial de Ourense e de Galiza”. O deputado por Ourense denuncia que o actual Executivo do PP “carece dun proxecto diferente para un sector no que se están a investir moitos recursos públicos pero sen ningún compromiso que evite a deslocalización que se está a sufrir”.

Reunión BNG cos representantes da CIG do Comité de Empresa de Faurecia
Reunión BNG cos representantes da CIG do Comité de Empresa de Faurecia
O BNG amosa todo o seu apoio ás traballadoras e traballadores de Faurecia en Ourense e esixe a implicación da Xunta de Galiza