O BNG apoia e participará na manifestación da Alianza Social Galega o xoves 27 ás 19.30h

O BNG apoia e participará na manifestación da Alianza Social Galega o xoves 27 ás 19.30h

As organizacións e entidades que conformamos a ALIANZA SOCIAL GALEGA buscamos unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os Gobernos de Galicia e o Estado español coa cortada da crise e do pagamento dunha débeda pública ilexítima, seguindo os ditados da Unión Europea, do Fondo Monetario Internacional, do Banco Central Europeo e da patronal neoliberal. Por iso hoxe volvemos denunciar os novos recortes impostos polo Partido Popular que só conseguen aumentar aínda máis o paro, a emigración, os desafiuzamentos, o empobrecemento e a exclusión social de máis galegos e galegas.

O BNG apoiará e participará en Ourense na mobilización que terá lugar o xoves 27 ás 19.30h e que sairá do Pavillón dos Remedios.

Horarios das mobilizacións

Ourense – 19:30 -Pabellón dos Remedios

Pontevedra – 20:00 – Praza Ferrería

Santiago – 20:00 – Alameda

Ferrol – 20:00 – Praza España

A Coruña – 20:00 – Casa do Mar

Lugo – 20:00 – Ronda da Muralla

Vigo – 19:30 – Vía Norte

Arousa – 20:00 – Avda. Mariña

Burela – 19:30 – Praza do Concello

Ribeira – 20:00 – Estación autobuses

Concentracións

Monforte – 19:30 – Praza España

Vilalba – 21:30 – Casa da Cultura

Cangas – 20:00 – Casa do Concello

Entidades e organizacións que integran a Alianza Social Galega son as seguintes:

A Mesa pola Normalización Lingüística; Altermundo; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colectivo Encontro Benestar Social; Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONG; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega do Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galicia Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Mesa Galega de Educación no Rural; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común; Plataforma en Defensa do Ensino Público; Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais; PlataformaGalega Defensa do Ensino Público; Plataforma polo Emprego; PlataformaQueremosGalego; S.N. de CCOO de Galicia; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino deGaliza; SOS Sanidade Pública;UGT?Galicia;Unión de Autónomos de Transporte por Carretera y Mar;Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos;Unións Agrarias;USTG; Xustiza e Sociedade

[ Texto do manifesto da Alianza social Galega ]

O BNG apoia e participará na manifestación da Alianza Social Galega o xoves 27 ás 19.30h