O BNG condiciona o seu voto a unha segunda fase de alegacións ao PXOM

O BNG condiciona o seu voto a unha segunda fase de alegacións ao PXOM

As nacionalistas presentaron as alegacións que realizan ao documento do PXOM aprobado inicialmente sinalando que introducen cambios substanciais que requerirán unha segunda fase de exposición pública do PXOM, condición indispensábel para obter o seu apoio.

1975105_607894515964916_1068785594_nO Bloque Nacionalista Galego presentou no rexistro do Concello as alegacións a un Plan Xeral de Ordenación Municipal que para as nacionalistas 'segue a ser un borrador'. O voceiro municipal Xosé Somoza sinalaba que 'para o BNG o proceso comeza agora que as veciñas coñecen o documento, esta é unha primeira aproximación, as primeiras propostas de modificación de materias substanciais” en relación ás propostas que fai o BNG ao documento.

O BNG presentará ademáis alegacións de colectivos veciñais e sociais. Xosé Somoza, voceiro municipal, sinalou que o BNG 'vai apoiar a presentación de alegacións por parte de numerosos colectivos, cremos que cantas máis propostas da cidadanía cheguen ao equipo redactor mellor será o traballo que se faga sobre o documento actual'. Neste sentido quixo lembrar o que as nacionalistas xa indicaron no pleno no que respaldaron a aprobación inicial do documento que 'ten que haber unha nova fase de exposición pública e debate en torno ao documento, o noso voto pasa en primeiro lugar porque isto se garanta', e engadiu que unha vez se realice esa segunda fase 'o BNG volverá a estudar o documento coa cidadanía para tomar unha decisión sobre a súa posición definitiva'. 1969139_607894529298248_508781604_n

As propostas das nacionalistas son:

- Ampliación da delimitación dos núcleos rurais até chegar aos valores mínimos de consolidación que marca a LOUG, introducindo novas clasificacións de solo de núcleo rural común e aumentar a capacidade residencial máxima estimada dos núcleos rurais nun 50%. A demanda residencial das parroquias rurais de Ourense durante os últimos anos non foi demasiado alta, pero o BNG está convencido que coa actual crise económica e a ausencia de financiamento, esa demanda crecerá por tratarse en moitos casos dunha fórmula máis económica de poder acceder a unha vivenda.

- Garantir que o PXOM non deixará ningún edificio construído legalmente fóra de ordenación. Unha alegación que vai no mesmo sentido que a emenda presentada polo BNG no pleno de Febreiro e aprobada que compromete ao equipo redactor do PXOM a facer unha proposta que resolva a situación creada a miles de veciñas e veciños da cidade.

- Modificación da Área de reparto 39 E creando o Parque Público de Mariñamansa. Unha proposta que o BNG xa realizou no 2003 a través de alegacións ao PXOM.

- Establecer as dotacións públicas RE-7 e SUND-8 como dotacións deportivas garantindo a creación do polideportivo de Mariñamansa, proxecto iniciado polo BNG dende a área de deportes do Concello e agora paralizado polo goberno do PSOE.

- Subdivisión dos sete polígonos de solo urbanizable delimitado que propón o PXOM para facilitar o seu desenvolvemento e creación de novos polígonos de SUD noutras zonas da cidade para un maior equilibrio territorial do crecemento urbanístico sobre este tipo de solo permitindo así racionalizar o reparto da edificación na cidade, non limitando o crecemento a unha única área en torno á ronda bulevar.

- Anular a ordenación provisional aprobada polo decreto 187/2011 e incorporada ao PXOM. A inclusión no PXOM de 21 proxectos de edificación residencial non executados que corresponden a convenios urbanísticos e desenvolvementos do Plan anulado de 2003 e que forman parte da ordenación provisional, aprobada pola Xunta en outubro de 2011, condicionan, segundo o BNG, o futuro desenvolvemento da cidade. Xosé Somoza, voceiro municipal explica “estámonos referindo, por exemplo, as torres planificadas na Chavasqueira, as torres da Área de Reparto 43 N, as torres do Polvorín, as torres da Farixa, as torres da Área de Reparto 39 E en Mariñanmansa, etc.”

- Creación dun Anel Verde en Ourense, como corredor natural de uso público-lúdico que conectaría as áreas periurbanas da contorna creando así novos espazos de protección non limtados ás ribeiras e os cauces, zonas inundábeis que non garanten o seu disfrute durante todo o ano.

- Modificación da ficha do PE-3 Plan Especial de integración do AVE para que consten as propostas que o BNG ven realizando sobre a integración da alta velocidade na cidade:

Ourense non aceptará outra proposta para a licitación do último tramo pendente entre Taboadela e Ourense, que o proxecto xa anunciado como variante exterior e con todas as prescricións medioambientais previstas, liberando deste xeito o trazado convencional para o uso do transporte intraurbano.

No proxecto definitivo de integración, e para evitar a fractura no entramado urbano entre os barrios da Ponte e o Vinteún, se empregue a mellor solución técnica e no maior treito posible.

A estación será intermodal, integrando polo tanto no mesmo espazo a estación de autobuses, a terminal do ferrocarril convencional, a estación do AVE e a estación do transporte intraurbano

- A calificación da nave Rogelio Martínez para destinala á creación dun Centro de Arte contemporáneo.

rexistro alegacións 018O Bloque Nacionalista Galego entende a fase de exposición pública do PXOM que remata o venres 28 de febreiro de 2014 como unha primeira fase de participación pública das veciñas e veciños de Ourense na elaboración do planeamento de Ourense tras a caída do plan anulado de 2003 en ausencia dun proceso de participación previo á elaboración e aprobación inicial do documento. Por iso fai apoia as alegacións presentadas, entre outras, polas AVV Carlasca, Arranxar, Rabo de Galo, Palmés, Santa Eulalia de Beiro, Agrupación Miño, Reza, a asociación de colectivos culturais ESCUA, AVV O Fonsillón, Seixalbo, Castro de Beiro, Santa Marta de Velle e Comunidade de Propietarias de Marcelo Macías 146-148-150 e as presentou para trasladar as propostas e inquietudes das veciñas e veciños de Ourense ao equipo redactor do PXOM para o seu estudo e resposta.

[ ALEGACIONS_BNG 2014 ]

Ourense, 28 de febreiro de 2014

O BNG condiciona o seu voto a unha segunda fase de alegacións ao PXOM