O BNG apoiou ás traballadoras da cociña do CHUO na mobilización
Reclamaron estabilidade laboral e a supresión da precariedade laboral
O BNG acudiu á mobilización convocada polas traballadoras da cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense este mércores ás 11 h para mostrar o seu apoio. A perda de postos de traballo pola implantación da nova cociña traen consigo factores que afectan á saúde de todas.
“As traballadoras e traballadores da cociña do CHUO demandan unhas condición laborais dignas” sinalou o portavoz municipal, Luis Seara. “Estamos falando de cociña e alimentación, polo tanto, da saúde de todas nós e con iso non se pode xogar” destacou.
Os traballadores e traballadoras da cociña do CHUO criticaron que non se están a cumprir cos orzamentos establecidos en 2019 onde, na teoría, se contaban con 126 pinches de cociña. Mais en realidade só están traballando 96, 17 postos de traballo menos que implica unha maior carga de traballo.
Mais agora coa posta en funcionamento da nova cociña do Complexo Hospitalario, as traballadoras da cociña ven perigar os seus postos de traballo coa implementación dunha liña mixta, frío-calor, e a concentración do postos de traballo no CHUO.
“Creemos que para poder prestar un servizo en boas condicións e que repercuta positivamente na recuperación das e dos doentes é necesario que se dea cumprimento ao número de postos establecido nos orzamentos” sinalou Seara. “Iso sería o mínimo necesario para dar o servizo en condicións dignas e saudábeis” concluíu Seara.