Para o BNG “Café con Radón” e a última e innovadora proposta de Jácome

IMG_1024
Actual oficina de turismo do Concello de Ourense

O Grupo municipal do BNG sinala que o argumento esgrimido para o traslado da actual oficina de turismo a unha nova dependencia no edificio da Praza san Martiño “é debido aos altos índices de Gas radón do local que ocupan actualmente nos baixos de Padre feijóo polo que sorprende que pretenda montar aí unha cafetería”

Para o BNG “Café con Radón” e a última e innovadora proposta de Jácome

Ourense, 25 de marzo de 2025. O Goberno Local vén de anunciar a través dunha nota de prensa a súa intención de trasladar a oficina de turismo que o Concello ten nos baixos do Xardín Padre Feijóo a unha nova ubicación, concretamente ao edificio administrativo da Praza de San Martiño por ser un lugar “emblemático” da cidade, aínda que as razóns que o Executivo local aduce “son os altos índices de Gas Radón existentes no local da rúa Isabel a Católica”.

Coñecido este feito, para a formación nacionalista é absolutamente sorprendente que “ao mesmo tempo que se traslada unha oficina municipal aducindo razóns de seguridade e saúde debido aos altos índices de Gas Radón existentes na mesma, se anuncie que ese espazo vai ser licitado como cafetería”.

Luís Seara admite “a innovadora proposta de Jácome, café con Radón, xa que non se entende cómo é posíbel que un local non sirva para albergar unha oficina de turismo por ser un espazo contaminado pero sí unha cafetería” e engade, “a non ser que o que se pretenda é a reforma integral do local para posteriormente polo en mans privadas”.

Desde o BNG entenden que “Jácome ten unha enorme obsesións coas cafeterías e con cederlle aos seus amigos espazos públicos” e sinalan, “máis que como Alcalde, actúa como un axente inmobiliario pero xogando co patrimonio de toda a veciñanza”. Os nacionalistas adiantan que pedirán acceso ao expediente e ás medicións de Gas Radón realizadas no local que ocupa actualmente a oficina de turismo.

Situación da Pajarera.

Desde o BNG insisten na situación de ilegalidade na que se atopa actualmente a empresa que xestiona a cafetería sita no xardín Xaponés, “un espazo municipal, en pleno centro da cidade, sen relación contractual co Concello, sen pagar absolutamente nada en concepto de canon e obtendo altísimos beneficios namentres o Goberno Local, que rescindiu o contrato en outubro segue sen facer nada por paliar tal despropósito”. Desde o BNG temen que a xestión do resto de cafeterías que o Alcalde pretende licitar “sexa como a da Pajarera, algo que sería tremendamente lexivo para o interese xeral ese que agora parece preocuparlle tanto”.

 

Para o BNG “Café con Radón” e a última e innovadora proposta de Jácome