O BNG coa defensa do aborto libre fronte a un PP reaccionario e machista
Este martes 14 de abril de 2015 preséntase no congreso das deputadas en Madrid a toma de consideración da modificación da Lei do aborto para quitarle ás mulleres de 16 e 17 anos o dereito a decidir sobre o seu corpo e como sinalan o Ministro de Sanidade e o voceiro do PP no congreso modificar a lei para que o aborto non sexa un dereito tal e como o define a Organización Mundial da Saúde.
O BNG-Asembleas Abertas realizou na mañá deste martes un acto simbólico fronte á oficina do candidato do PP á alcaldía de Ourense para denunciar a política do PP en relación cos dereitos das mulleres e para emprazar ao candidato a definirse esta coas mulleres e os seus dereitos ou esta coa Igrexa negando que o sexan expresaba esta mañá Ximena Gonzalez, concelleira do BNG quen engadiu queremos que se pronuncie, as mulleres desta cidade teñen dereito a saber quen quere arrebatarlle os seus dereitos e quen os defende.
Coa presenza das candidatas do BNG-Asembleas Abertas e unha faixa de 6 mestros, a acción reivindicativa no día que se inicia a modificación da lei no congreso súmase ás que realizan as nacionalistas ao longo de todo o país para expresar o noso rexeitamento a que retiren os dereitos a mulleres de 16 e 17 anos, non imos abandonar as rúas ata que consigamos frear estos ataques explicaba Ximena González.
A acción do BNG-Asembleas Abertas consistiu ademáis en entregar ao candidato Jesús Vázquez do Partido Popular unha letra para a súa oficina electoral, en palabras de Ximena González traémoslle a letra D, de dereito das mulleres, a primeira que deberá colocar nas súas fiestras, a que deberíamos erguer hoxe todas ben alta mentres no congreso o PP porfía en quitarnos dereitos. As nacionalistas entregaron esta letra simbólica ás portas da oficina do candidato.