O BNG demanda apoio institucional e económico co pobo saharaui
Bernardo Varela traslada ao pleno provincial a necesidade de apoiar ao pobo saharaui e dotar economicamente desde a deputación os Servizos Sociais Municipais ante a crecente crise.
Ourense, 24 de marzo de 2022. O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, demandará ao goberno provincial no pleno provincial do mes de marzo a necesidade de apoiar economicamente as inicitivas municipais en defensa do pobo saharaui, xa sexa de forma directa ou a través do Fondo Galegao de Cooperación.
O BNG amosa unha vez máis o seu máis firme apoio ao pobo saharauí, e ao seu único e lexítimo representante o Frente Polisario, así determinado polo pobo saharaui e tal e como recoñece Nacións Unidas e a propia unión Xustiza Europea, na súa loita contra a ocupación militar e polo exercicio pleno do dereito de autodeterminación e a independencia, agarda da institución provincial que se amose o mesmo apoio e sensibilidade que a institución mantén cos refuxiados da Ucraína.
Así mesmo trasladará a necesidade de que o ente provincial inicie o procedemento para dotar de fondos de colaboración os Servizos Sociais Municipais, na axuda as familias da Provincia que se están a ver aínda máis afectadas socioeconomicamente polas sucesivas crises que nos están golpeando.
Varela pon de manifesto que “en moitos casos as axudas de emerxencia previstas nos orzamentos municipais vanse ver superadas amplamente nun curto prazo de tempo dada a alza dos prezos da enerxía e tamén dos alimentos e outros recursos básicos”
Ante esta realidade o BNG considera que Deputación, desde a Área de Políticas Sociais e Igualdade, dote dun fondo extraordinario para colaborar economicamente cos Servizos Sociais Municipais e polo tanto con aquelas familias que máis están a sufrir esta crise.