O BNG demanda o cumprimento da Lei de prevención de incendios por parte da Deputación de Ourense.
Ourense, 4 de xullo de 2024. O grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense indica, a través do Deputado Provincial Xosé Manuel Puga, que non se ten feito a aplicación da normativa da Lei prevención de incendios coa limpeza de todas as marxes das estradas que son competencia da Deputación provincial de Ourense.
Puga afirmou que ante esta situación o grupo nacionalista no ente provincial trasladará á próxima comisión informativa da Deputación ao respecto, a necesidade de que se fagan eses traballos e aínda que xa vai bastante tarde, como todos os anos, é preciso acometelos canto antes para evitar calquer disgusto futuro .
“Desde o BNG apremiaremos á Deputación de Ourense a cumprir coa lei” sinalaba Xosé Manuel Puga, deputado provincial do BNG.