O BNG demanda unha xunta de voceiros da Deputación para esixir que Iberdrola asuma as débedas coa veciñanza de Ourense.
Bernardo Varela “A incompetencia de Deputación de Ourense e a falta de compromiso de Iberdrola co territorio que ten colonizado, fai que a veciñanza de Ourense teña que asumir unha débeda de 1.200.000€, o que é unha verdadeira estafa”
Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense xunto a María Mangana e Xosé Manuel Puga, deputados do BNG na deputación de Ourense, compareceron ante os medios de comunicación para dar conta da esixencia do grupo nacionalista traslada á Deputación para que o ente provincial actúe contra a impunidade de Iberdrola.
Co compromiso do goberno da deputación de Ourense adquirido polo actual presidente da Deputación, Luís Menor, no último pleno de reclamar os fondos a Iberdrola o BNG chamará a unha Xunta de Voceiro para que a institución marque os pasos a seguir para reclamar o 1.200.000€ na medida do legalmente esixible, declaraba o voceiro do BNG na deputación de Ourense, que continuou afirmado que no que non o sexa legalmente esixible que sirva para a posta en vergoña e custe reputacional á compañía Iberdrola.
As grandes compañías, neste caso Iberdrola, non se poden rir dos veciños e veciñas de Ourense e que cando menos a infima parte dos ingresos que conquiren coa explotación dos nosos recursos naturais que legalmente lle corresponden aos concellos, ou a deputación sexan efectivamente materializados e non como esto que aconteceu desde o ano 2015 e que agora no 2024 acaba tendo as súas repercusións se vaian de “rositas” e aforrándose ese 1.200.000€ que deciden simplemente non teñen que pagar.
Para o voceiro do BNG a falta de compromiso de Iberdrola co territorio que ten colonizado, evinciouse tamén cando decidíu eliminar os 20 postos de traballo na central de control do concello da Rúa, precisamente para controlar os grandes encoros, e levalos fora noso País.
Tal e como denunciaba o BNG no pleno da Deputación de Ourense do 25 de novembro, a afrenta cometida por Iberdrola contra a veciñanza de Ourense veuse xestando desde o ano 2015. Pois foi nesas datas cando a compañía de Don Ignacio Sánchez Galán acometeu a repotenciación do encoro de San Estevo de Nogueira de Ramuín polo que debía pagar un ICIO de perto de 2.000.000€ ao concello, porén a compañía tentou xa incialmente liquidar a débeda por un importe de 800.000€ na súa declaración voluntaria que fixo, até que a deputación a petición do concello exerceu as labores de inspección e determinou que o importe a ingresar debía ser de dous millóns de euros.
Unha desas compañías que o PP trata de vendernos que son fundamentais para o desenvolvemento do interior do País, e que veñen aquí a facernos un favor explotando os nosos recursos, pois foi unha desas compañías as que xa se tentou aforrar máis da metade do que tiña que ingresar, sinalou Varela.
A partir de ahí, xorde unha serie de actuacións que tal e como sinala unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza , queda patente a neglixencia do órgano tramitador da deputación de Ourense en materia tributaria. Uns feitos de 2015 dos que acabamos tendo constancia en 2024 decía Varela, nos que a Deputación fixo unha “chapuza” de expediente e se lle esixise o pago fora de pazo o que lle permitiu que Iberdrola reclamar xudicialmente, o 1.200.000€ que tivo que pagar a maiores, por ese problema de prazos.
O cúmulo de feitos, o intento de Iberdrola de tentar evitar o pago do 1.200.000€ máis unha conducta neglixente e inxustificada da Deputación de Ourense, según reflexa o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, fan que unha compañía que no ano 2023 tivo un beneficio neto 4.803 millóns de euros e que ten instalada na provincia de Ourense 2.200 megavatios de enerxías renovables, deles 1.582 en centrais hidroeléctricas se puidese aforrar ese 1.200.000€. Para nós esto é unha estafa indicaban desde o BNG.