O BNG denuncia a ausencia de investimentos que o PP consigna para a comarca da Limia nos orzamentos da Xunta e da Deputación

undefined

Iago Tabarés “iniciaremos un proceso de intelección coa sociedade para dotar a esta comarca dos orzamentos que o seu futuro merece.  Porque  A Limia e a Galiza interior tamén teñen futuro”.

O BNG denuncia a ausencia de investimentos que o PP consigna para a comarca da Limia nos orzamentos da Xunta e da Deputación

Camilo Vila, voceiro do BNG de Xinzo de Limia; Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense e Iago Tabarés, Deputado do BNG no Parlamento de Galiza, xunto a concelleiros, concelleiras e alcaldes da comarca, compareceron ante os medios para avaliar os orzamentos consignados á comarca desde a Xunta de Galiza e a Deputación de Ourense. 

 

 “Desde o BNG consideramos que o PP ,unha vez máis, continúa neste maltrato, nesta discriminación cara a comarca da Limia” declarou Camilo Vila,  que definiu á  comarca da Limia coma “unha comarca punteira tanto no sector agrogandeiro como noutros sectores económicos como ten demostrado nas últimas décadas”.  Para o voceiro nacionalista de Xinzo Limia a publicación dos orzamentos da Xunta, como os anuncios feitos desde a Deputación, deixan a comarca da Limia nunha situación que non lle corresponde e non están dispostos a que isto suceda, razón pola cal afirmou que desde o BNG da comarca xa están traballando  “decidida e valentemente nunha proposta que amerita á xente desta comarca”.

 

Para Iago Tabarés os orzamentos da Xunta de Galiza acreditan a existencia dun goberno do Partido Popular esgotado e sen proxectos novidosos para o País, sen proxectos novidosos para a provincia de Ourense e sen proxectos novidosos para a Limia. Unha comarca, sinalou Tabarés, con problemas en atención sanitaria, problemas na atención xudicial, ausencia de médicos, pediatras , ausencia de enfermeiras, ausencias de matronas, que ten que compartir con outros centros de saúde como o de Monterrei e da comarca de Celanova. Problemas de Pediatría como os que xa denunciou Camilo Vila desde o BNG de Xinzo, e como xa denunciou e constatou a CIG existen problemas en xustiza onde nin se sustituen ao profesionais que están de baixa. 

 

E sobre todo hai unha falta de aposta nos orzamentos da Xunta polo sector produtivo e estratéxico como é o sector agrogandeiro na Limia. “A Limia é unha potencia agrogandeira en todo o País e aínda estamos agardando por ese plan estratéxico,  resultado da Mesa da Limia, ausencia tanto da presentación da proposta  como da súa implementación orzamentaría “ 

 

 Por todas estas carencias, sinalou o deputado no Horreo, “iniciaremos un proceso de interlocución coa sociedade para dotar a esta comarca dos orzamentos que o seu futuro merece.  Porque  A Limia e a Galiza interior tamén ten futuro”.

 

Orzamentos provinciais Plan Único

 

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, valorando a proposta de Plan Único que lle presentou o presidente da Deputación sinalou que o grupo nacionalista na no ente provincial observa moita eivas. 

 

No caso concreto da Limia, di Varela, a proposta de Plan Único do BNG ascendía, para os once concellos que compoñen esta comarca,  2.672.364 €, porén a proposta do PP quedase en 1.571.177€, é dicir un millón cen mil euros menos, case que a metade da proposta que traía o BNG para este Plan Único. Un Plan Único que o BNG sigue propondo que esté dotado de 25.000.000€, fronte aos 14 millóns que propón o PP. 

 

“Entendemos que os concellos desta provincia, e sinaladamente os concellos da Limia, merecen máis capacidade de actuación para garantir o benestar da súa veciñanza e iso vai ligado a esta dotación económica.” Manifestaou o voceiro provincial que a continuación sinalou “a modo de exemplo, coa proposta do BNG o concello de Xinzo estaría financiado con 450.000€ fronte a proposta do PP que  a reduce a 258.856 €”

                                                                                       

 Para o BNG esta dotación non é suficiente e queda moito camiño por percorrer , aínda que se valore que por fin haxa un plan baseado en criterios obxectivos, así e todo defendemos que aínda pode ser moito máis , porque as nominativas van a seguir ser moi importantes no ente provincial os vindeiros anos.

 

O BNG denuncia a ausencia de investimentos que o PP consigna para a comarca da Limia nos orzamentos da Xunta e da Deputación