O BNG traslada ao Consello de Contas o escrito da Intervención municipal e varios informes de reparo para a súa fiscalización e, de ser o caso, para a depuración das responsabilidades que puidesen derivarse

Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco
Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

O Grupo municipal nacionalista trasladou esta mañá ao Ente fiscalizador galego o escrito de incidencia presentado pola Intervención municipal e incorporado ao expediente do Pleno extraordinario celebrado onte así como das notas de reparo referenciadas nalgún dos expedientes

O BNG traslada ao Consello de Contas o escrito da Intervención municipal e varios informes de reparo para a súa fiscalización e, de ser o caso, para a depuración das responsabilidades que puidesen derivarse

Ourense, 07 de novembro de 2023. O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense deu traslado esta mesma mañá ao Consello de Contas de Galiza, Ente encargado da fiscalización das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego, do escrito de incidencia presentado pola Intervención municipal e incluído no expediente do Pleno extraordinario celebrado onte e onde se debateron até un total de 8 modificacións de crédito.

Ademais do escrito de incidencia, o BNG tamén trasladou ao Consello de Contas os informes de reparo referenciados no expediente 20-P/23 e relativos ás obras da Rúa Coenga e ao procedemento de contratación do servizo de xestión do chamado “bono comercio” pois en ambos, a Intervención, “advirte da comisión de irregulariedades administrativas graves que mesmo puideran derivar en responsabilidades penais”.

Para o Portavoz municipal do BNG Luís Seara, “o que está acontecendo coas modificacións de crédito revela o xeito de entender e de xestionar a administración pública do actual Goberno Local, onde o cumprimento da lei e dos procedementos brilan pola súa ausencia na maioría dos casos”.

Seara amósase claro e contundente, “xa lle dixemos ao Alcalde ao inicio de mandato que nós non iamos ser os seus tontos útiles e polo tanto non ímos permitir que se vulneren os procedementos legalmente establecidos”.

Trasladamos esta documentación ao Consello de Contas para a súa fiscalización e, de ser o caso, para a depuración das responsabilidades que puidesen derivarse sobre o que está acontecendo no Concello de Ourense e que ao noso entender é absolutamente escandaloso”.