O BNG denuncia o desleixo da Deputación de Ourense cara a veciñanza de Viana do Bolo

ESTRADA DE SAN AGOSTIÑO EN VIANA DO BOLO
ESTRADA DE SAN AGOSTIÑO EN VIANA DO BOLO

A piques de rematar o prazo de execución das  obras da estrada a San Agostiño aínda non se viu ningún tipo de mellora

O BNG denuncia o desleixo da Deputación de Ourense cara a veciñanza de Viana do Bolo

 O Voceiro do Grupo Provincial do BNG, Bernardo Varela, e a deputada no parlamento galego, María Albert , trasladáronse até o concello de Viana do Bolo para comprobar de primeira man a situación da estrada a San Agostiño, acompañado do voceiro do BNG de Viana do Bolo, Secundino Fernández, xunto con concelleiras e militantes do BNG da localidade.

 A piques de concluír os oito meses de prazo para o remate das obras de mellora,  os nacionalistas comprobaron como aínda non se avanzou nunhas obras que xa no 2020 a alcaldía presidida polo nacionalista Secundino Fernández, deixara listas para sacar a concurso, para adxudicala e executala. O prazo de execución remata este mes e aínda nin comezaron a facer a obra, indicaba o voceiro nacionalista de Viana.

Para os nacionalistas de Viana, declara Fernández, toda a actuación da Deputación,  encargada de sacar a concurso a obra, e tamén o concello de Viana como  responsábel subsidiario da obra porque vai ser a administración que se vai facer cargo dela, é un desprecio ás necesidades dos veciños e veciñas de Viana do Bolo. 

Esta é unha vía principal que comunica a veciñanza de Viana con outra comunidade autónoma e que permaneza nas condicións actuais é unha burla dos gobernos do Partido Popular cara toda a veciñanza de Viana sentenciou Secundino Fernández.

Pola súa banda, o Voceiro do  Grupo Provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, como a Deputada no Parlamento de Galiza, María Albert, avanzaron  que presentarán iniciativas no ente provincial como a no parlamento galego, para denunciar o desleixo das institucións locais e provinciais de cara a veciñanza de Viana do Bolo e esixirán que as obras sexan executadas dunha ve.

Estamos falando dunha obra que se adxudicou en agosto de 2021, tras reiteradas esixencias de premura por parte dos nacionalistas, e que a maio de 2022 aínda non foi nen escomenzada, sinala Varela. Unha obra por un valor de 1.125.119,27€, e que fai máis de dous anos o goberno encabezado por Secundino Fernández deixara encamiñada cando o PP e os tránsfugas do PSOE se aliaron en contra do goberno municipal escollido pola veciñanza.

O BNG denuncia o desleixo da Deputación de Ourense cara a veciñanza de Viana do Bolo