O BNG denuncia que o incremento de persoal e a falta dun orzamento actualizado provoca problemas para o pagamento de nóminas no Concello de Ourense

thumbnail_IMG_5198
Concello de Ourense

Para o Portavoz nacionalista Luís Seara esta situación ven dada polo “incremento de persoal durante a era Jácome, aquel que dicía que cumpría reducir o seu número, o que unido á falta dun orzamento aprobado e actualizado provoca que a día de hoxe haxa que recurrir a unha transferencia de crédito para poder facer fronte á nómina de decembro”

O BNG denuncia que o incremento de persoal e a falta dun orzamento actualizado provoca problemas para o pagamento de nóminas no Concello de Ourense

Ourense, 29 de decembro de 2023. O Concello de Ourense ven de activar unha modificación orzamentaria coa modalidade de transferencia de crédito por un importe global de 300.000 euros, para atender ao abono da nómina do mes de decembro así como os seguros sociais do pasado mes de novembro.

De entre os argumento empregados na xustificación, destaca o incremento de persoal producido nos últimos anos, o que, unido á falta duns orzamentos aprobados e actualizados, orixina que non haxa crédito suficiente para atender as obrigas que o Concello ten coas súas traballadoras e traballadores.

Para o Grupo municipal do BNG esta situación revela “a situación de caos na que vive instalado o Concello desde o punto de vista económico e orzamentario”, e engaden, “Jácome fartouse, estando na oposición, de dicir que o que sobraba no Concello era persoal e que polo tanto era preciso alixeirar o capítulo de nóminas”.

Mais o certo e que, tal e como sinala o Portavoz nacionalista Luís Seara, “desde a súa chegada á Alcaldía o que se produciu foi precisamente todo o contrario, un incremento notable do persoal, sobor de todo, de confianza e adscrito á Alcaldía”. A ausencia dun orzamento actualizado que reflexe a realizade económica e do persoal do Concello son outra das causas que provoca esta situación.

No BNG volven incidir unha vez máis na caótica situación económica na que se atopa o Concello de Ourense. “O feito de non ter un orzamento está a provocar graves prexuízos económicos para as arcas municipais e unha proba máis témola co recente recoñecemento de débeda consecuencia da actualización de prezos á concesionaria do servizo semafórico, servizo que está tamén en precario como tantos outros”.

Neste punto Seara lembra que, “o Alcalde ten dito por activa e por pasiva que as concesións caducadas non xeran ningún quebranto económico ao Concello e que mesmo son máis baratas que se estiveran actualizadas mais o que vemos cada día e como as reclamacións económicas das concesionarias caducadas ou en precario aumentan, consecuencia do cal, o Concello ten que facer fronte a importantísimas cantidades, o que repercute, ineludiblemente na capacidade económica para a prestación de servizos”.

O BNG denuncia que o incremento de persoal e a falta dun orzamento actualizado provoca problemas para o pagamento de nóminas no Concello de Ourense