O BNG DENUNCIA A DESATENCIÓN SANITARIA DO MACIZO CENTRAL E PIDE A COBERTURA DAS BAIXAS DE ATENCIÓN PRIMARIA

Noa Presas, deputada do BNG por Ourense ás portas do CHUO
Noa Presas, deputada do BNG por Ourense ás portas do CHUO

Presas levará ao Parlamento Galego a falta de planificación do goberno galego e a discriminación do rural ourensán e pedirá que o SERGAS asuma os custos de desprazamento das e dos doentes.

O BNG DENUNCIA A DESATENCIÓN SANITARIA DO MACIZO CENTRAL E PIDE A COBERTURA DAS BAIXAS DE ATENCIÓN PRIMARIA

A deputanda nacionalista por Ourense, Noa Presas, fíxose eco das protestas veciñais de Chandrexa de Queixa, A Teixeira, Montederramo e Parada de Sil que terán que acudir a Castro Caldelas para ser atendidos e atendidos ante a falta de varios profesionais de atención primaria que se atopan de baixa ou ausentes por diversos motivos ante o que a única solución do SERGAS é desprazar á especialista de Montederramo para a cabeceira de comarca.

 

O BNG denuncia que “esta situación non pode repertirse, o SERGAS ten que planificar a cobertura das vacacións, que é un dereito laboral previsto e previsible, e ten que ter tamén mecanismos para garantir a cobertura de baixas de enfermidade, que poden ser puntuais ou poden implicar semanas ou meses”.

 

Recorda que “ademais estamos a falar dunha zona do país moi avellentada e na que non existe unha rede adecuada de transporte público polo que moitas persoas van ter serias dificultades para se desprazar, dependendo de veciños, familiares ou de poder conseguir ser atendidos por un servizo de taxi, un sobrecusto que debería aboar o SERGAS”.

 

Para o BNG esta situación é “un escándalo” e débese a “anos de falta de planificación da formación de profesionais e de recorte en Atención Primaria, que desde os inicios de goberno do Partido Popular acumulan un recorte 2.193 millóns de euros, o que se traduce en esperas de até dúas semanas para obter cita en medicina de familia, urxencias cada vez máis saturadas, máis de nove mil persoas agardando por unha primeira consulta en psiquiatría, ou once mil nenos que non teñen asignado un pediatra”

O BNG DENUNCIA A DESATENCIÓN SANITARIA DO MACIZO CENTRAL E PIDE A COBERTURA DAS BAIXAS DE ATENCIÓN PRIMARIA