O BNG denuncia que a modificación de crédito da conta 413 que vai mañá a Pleno “é unha gran mentira”
O Grupo municipal nacionalista destaca o obstrucionismo do Goberno Local á hora de poder avaliar a documentación do expediente, “as máis de 2.000 facturas viñas codificadas polo que era imposible saber os conceptos e os proveedores pero logo dun intensísimo traballo, conseguimos descubrir que moitas desas facturas poderían estar xa pagadas pois teñen crédito suficiente na correspondente bolsa de vinculación”
Ourense, 22 de xullo de 2024. O Concello de Ourense ten previsto celebrar mañá martes, 23 de xullo e a partir das 09:00 horas, un Pleno extraordinario no que se debaterán até un total de catro modificacións orzamentarias. Nunha delas, concretamente a 2P/2024 e cuxo importe ascende aos 10.325.529,81 euros, preténdese abordar o pagamento de facturas pendentes da conta 413, é dicir, aquelas facturas que non contan con partida orzamentaria e na que, en teoría, figuran pequenos proveedores mais a realidade, segundo o BNG “é outra ben distista”.
O Portavoz nacionalista Luís Seara, quen compareceu acompañado polo resto de membros do Grupo municipal, comezou denunciando “os atrancos que tivemos que ir sorteando para descifrar este expediente. Entregáronnos un documento con máis de 2.000 facturas que aparecen codificadas, o que supuxo un enorme esforzo para poder descifrar a que corresponde cada unha delas”, e engade, “pedimos por Rexistro que se nos dera unha relación de todas e cada unha delas e díxosenos que non era posible. Nós podemos manifestar que se pode facer, non leva máis dun minuto se hai vontade de que se teña esa información”.
Con este proceder opaco, denuncia Seara, “Jácome busca dificultar o traballo da Oposición. Esta falta de transparencia non é casual, faino para ocultar como malgasta gran parte do diñeiro dos contribuíntes porque nestas máis de 2.000 facturas hai de todo. Hai débedas con proveedores pero tamén caprichos seus, facturas reparadas por Intervención, facturas para as que non hai crédito, facturas pendentes de fiscalizar e mesmo facturas sen formalizar porque non hai ningún técnico que as asine ao non obrar polo medio nin procedemento nin contrato algún”.
Luís Seara referiuse tamén ao PP e volveu insistir en que “PP e Jácome son o mesmo. O PP é, e vai seguir sendo, funcional aos intereses de Jácome ás veces que sexa necesario. O PP xustificouse dicindo que si Jácome lle pagaba aos proveedores eles non impedirían que saíra adiante o expediente das Luces. Advertimos que era unha estrataxema do PP que utilizaba desta volta o comodín dos proveedores ao igual que hai un ano utilizou o dos Servizos Sociais, mais o certo é que demostrouse que todo é unha gran mentira”.
Desde o Grupo municipal do BNG din que “podemos afirmar con rotundidade que moitos proveedores do Concello, os máis deles pequenos empresarios e comerciantes, non cobran porque a Jácome non lle da a gana, polo tanto, toda esta patraña que Jácome e o PP montaron para xustificar o apoio ás luces caese polo seu propio peso”.
Luís Seara argumentou as súas afirmación con dous exemplos presentes no propio expediente de modificación de crédito. “Vou ir a dúas partidas concretas que teñen saldo negativo e para as que se pide suplementar crédito”.
Partida para gastos diversos, traballos de reparación en vías públicas.
“Na relación de facturas, agás que algunha estea pagada posto que nós carecemos desa información, hai 29 facturas, pequenas todas elas”, e engade, “a máis grande é de 2.998,38 euros e a máis pequena é de 84,14. Falamos de sacos de área, reparación de beirarrúas, arranxo de bolardos, e así ata as 29. Todas esas facturas que se adebedan suman 50.902,94 euros. O goberno pide que se suplemente esa partida en 51.351,91 euros para poder pagarlle aos proveedores. Saben canto hai, a día de hoxe, na bolsa de vinculación xurídica, 216.676,17 euros, é dicir, poderiamos ter pagado estas facturas hai meses e aínda teriamos 160 mil euros na bolsa. Por qué non o fixeron? Por qué teñen a xente sen cobrar podendo ter cobrado?”.
No segundo exemplo, relativo a pequenas reparacións en colexios, Seara afirmou que “temos un total de 51 facturas. Si lle facemos caso ao que dí o expediente, e damos por bo que están todas sen pagar, suman 74 mil euros. Saben canto diñeiro hai nesa bolsa de vinculación? Nesa bolsa hai algo máis de un millón de euros. Concretamente 1.015.142,65 euros. Por qué non se lles pagou?”.
Para o BNG o exposto con anterioridade “demostra que temos un Alcalde moroso, un alcalde tramposo, que xoga co pan da xente. Co pan da xente que ten que facer encaixe de bolillos para chegar a fin de mes. Porque moita desta xente á que lle racanea o diñeiro son xente humilde, porqué non pagan se teñen cartos?”
“Jácome utiliza a chantaxe para presionar á Oposición, co pretexto de que hai que pagarlle ás e aos proveedores, que é o argumento do PP, non co obxectivo de pagarlle aos proveedores, senon para engordar as partidas para ter máis diñeiro para seguir chanchulleando”.
Diante desta situación, o BNG advirte que “nós non imos ser os tontos útiles de Jácome. para pagafantas xa está o PP, polo que anunciamos, tal como fixemos hai un ano, no que aconteceu o mesmo, que non imos apoiar este expediente de modificación de crédito”.
E finalizan, “os proveedores de Ourense teñen que saber que hai diñeiro para pagarlles, independentemente de que se aprobe ou non este expediente, e que o único responsable de que a día de hoxe non cobraran chámase Gonzalo Pérez Jácome”.