O BNG denuncia que a Xunta cedeu gratuitamente o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén para xogos privados de combate.

Iago Tabarés, Deputado do BNG no Parlamento de Galiza
Iago Tabarés, Deputado do BNG no Parlamento de Galiza

Iago Tabarés, “non pode permitirse a cesión arbitraria das instalacións do CILL ao marxe dos procedementos legalmente establecidos, porque supón unha xestión ilexítima dos bens públicos”.

O BNG denuncia que a Xunta cedeu gratuitamente o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén para xogos privados de combate.

O deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Iago Tabarés, ven de denunciar denunciar públicamente o uso ilexítimo das instalacións do Centro Integral para a Loita Contra os Lumes (CILL) de Toén, destinado á formación de bombeiros forestais, tras recoñecer a Xunta de Galiza en resposta ás  preguntas do grupo nacionalista,  a cesión do CILL para a celebración de xogos de combate con aire comprimido e bolas de pintura, aínda evitando informar da identidade das entidades beneficiarias nin do número de ocasións nas que se cederon estas instalacións públicas, e en contra do que afirmara no seu día o Director Xeral de Defensa do Monte.

O CILL, inaugurado hai case dous anos, foi concibido como un espazo de referencia internacional na formación dos profesionais da extinción de incendios forestais. Para a súa posta en marcha investíronse máis de 4 millóns de euros de fondos comunitarios, dotándoo de infraestruturas para a práctica da condución de vehículos de extinción, adestramento físico e técnico.

Tal como sinalou l o BNG nas preguntas remitidas á xunta, no último acto de inauguración o presidente da Xunta de Galiza indicou que o CILL “centralizará tanto a formación continua de bombeiros forestais como a instrución de novos profesionais neste eido” tanto nacionais, como internacionais; dispoñendo ademais dun aula medioambiental para formar estudantes de toda Galiza. E tal como se informou á comisión sétima do Parlamento de Galiza, na visita realizada ao centro a instancias do BNG, o espazo tamén servía puntualmente para adestramento da Unidade Adscrita á Policía Autonómica e da Policía Local, e expresouse reiteramente que en ningún caso se realizaban prácticas de tiro posto que non existía espazo acondicionado a tal fin.

O deputado do BNG, Iago Tabarés, manifestou que resulta incomprensible que un recurso público deseñado para a formación dos profesionais encargados da extinción dos incendios forestais sexa adicado para “outras actividades” privadas, sen que conste se adoptaran ou exixiran a adopción de medidas de ningún tipo para garantir a protección do espazo público ou o seu eventual deterioro

Tabarés rematou sinalando e insistindo en nome da organización nacionalista que o CILL debe ser destinado unicamente aos fins formativos e de servizo público que motivaron a súa creación, en lugar de abrirse a usos privados incompatibles coa súa natureza.

O BNG denuncia que a Xunta cedeu gratuitamente o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén para xogos privados de combate.