O BNG enmenda os orzamentos do INORDE
Xose Manuel Puga, deputado provincial do BNG na deputación de Ourense e representate da formación nacionalista no Consello Reitor do INORDE. Presentou unha proposta de modificación do orzamento do INORDE por un montante superior ao 30% do orzamento que se lle presentou, 615.720€, coa idea de cambiar radicalmente o sentido do INORDE.
Coa proposta en positivo feita polo BNG para desenvolver a economía de Ourense, o INORDE debería de implementar unha serie de medidas tanto co sector empresarial, co sector agrario, coa propia universidade para dar cumprimetno ao artigo 3 dos seus estatutos “o obxectivo do INORDE é a promoción, desenvolvemento e mellora das condicións económicas e sociais da provincia de Ourense.....”
Con eses 615720€ e a través de dúas partidas, unha de investimentos e outra de colaboración , Xosé Manuel Puga resaltaba a necesidade de implementar unha serie de medidas para fomentar a activación económica e para cambiar radicalmente o que está acontecendo na economía da provincia de Ourense
Dentro destas medidas, resaltaba o deputado nacionalista, as actividades formativas; bolsas de estudo e bolsas de traballo con empresas, universidades e deputación, que permitiran á xente máis moza irse incorporando ao mercado laboral; apoio aos GDR; sindicatos; programas de financiamento a microempresas no ámbito rural, mesmo plantexamos facer a través do centro agrogandeiro de Xinzo crear becas para que haxa equipos de substitución nas explotacións agrarias e outro tipo de iniciativas que permitisen cambiar o rumbo da economía.
Porén, declaraba Puga, “atopámonos coa negativa do PP, que segue enrocado nas súas posicións, que levan a un menor nivel económico á provincia, unha situación que desde o BNG queremos reverter traballando en positivo.”
Ante a negativa do PP o grupo nacionalista posicionouse en contra dos orzamentos do INORDE presentados no Consello Reitor do día de hoxe.