O BNG esixe explicacións e pide responsabilidades ao goberno municipal ante o positivo por Covid-19 dun membro do gabinete de alcaldía

Desde o grupo municipal do BNG no Concello de Ourense denuncian a opacidade e a ocultación de información ante o positivo por Covid-19 dun membro do gabinete de alcaldía e piden celeridade na toma de decisións por parte do goberno municipal.

O BNG esixe explicacións e pide responsabilidades ao goberno municipal ante o positivo por Covid-19 dun membro do gabinete de alcaldía

Ourense, 21 de agosto de 2020. Desde o BNG denuncian a opacidade, ocultación e falla de información por parte do goberno municipal ante unha cuestión tan seria e relevante como é o feito de que un traballador do Concello de Ourense, vinculado ademáis de xeito directo co gabinete de alcaldía dera positivo por Covid-19 tendo que ser informados da nova a través dos medios de comunicación.

Os nacionalistas rexeitan radicalmente o xeito de actuar do goberno municipal, que non tivo nin a decencia nin a deferencia de informar nin aos voceiros dos grupos da oposición nin ao resto de traballadores do Concello. Desde o grupo municipal do BNG rexeitan absolutamente o comportamento e tratamento do acontecido por parte do bipartito PP-DO, quenes amosan unha total falla de responsabilidade, sensibilidade e saber estar ante unha cuestión de primeira magnitude e que afecta ao conxunto de traballadores municipais asi coma o resto da cidadanía que ao longo destes dias estivo en contacto coas dependencias municipais.

Por todo elo o BNG no Concello de Ourense entende que nestas circusntancias o pleno fixado para o vindeiro luns 24 de agosto debe ser suspendido con carácter de urxencia xa que tanto o alcalde coma varios membros do goberno tiveron contacto coa persoa positiva, ao tempo que entenden que neste momento debe primar a saúde por riba de todo.

Do mesmo xeito esixen que o goberno municipal active os protocolos establecidos de loita contra o Covid-19 e realice con carácter urxente probas de diagnose a tódolos empregados do Concello de Ourense xa que para garantír o bo funcionamento dos servizos públicos desta cidade é preciso garantir a saúde dos empregados que os exercen.

Por último desde o grupo municipal do BNG entenden que esta cidade non merece un goberno irresponsable que xoga coa saúde dos veciños e coa ocultación de información altamente sensible, máxime na situación sanitaria a nivel global na que nos atopamos, polo que instan ao actual goberno municipal do Concello de Ourense, co seu alcalde á cabeza, a que dimitan dos seus cargos.

 

O BNG esixe explicacións e pide responsabilidades ao goberno municipal ante o positivo por Covid-19 dun membro do gabinete de alcaldía