O BNG ESIXE Á XUNTA QUE FAGA PÚBLICA A INFORMACIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CAPD CELEBRADA ONTE

undefined

Presas pide transparencia e valentía á Xunta e non agardar aos días fortes do Entroido para tapar os seus incumprimentos e evitar a resposta social

 

Pide ao goberno galego rectificar e cumprir con Ourense cun CAPD de xestión pública e directa.

O BNG ESIXE Á XUNTA QUE FAGA PÚBLICA A INFORMACIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CAPD CELEBRADA ONTE

Ourense 27 de febreiro. A deputada nacionalista por Ourense, Noa Presas, denuncia “a falta de transparencia da Xunta de Galiza verbo do proceso de adxudicación do contrato de privatización do  Centro de Atención á Discapacidade de Ourense. Dita licitación foi enviada ao Diario Oficial da Unión Europea o 16-01-2025 e difundido en Contratos Públicos de Galiza o 24-01-2025. Polo tanto, legalmente o prazo para a presentación de solicitudes era de 30 días naturais desde o envío a Europa, prazo que xa se ampliou”

 

Presas denuncia que “ademais disto, segundo consta no portal de contratacións houbo onte unha mesa de contratación da que aínda non consta información, polo que tememos que a Xunta faga público o resultado aproveitando o entroido para tapar a información, como xa fixo coa súa renuncia á xestión pública e directa que comprometera aproveitando as datas de Nadal para intentar calar a contestación social”.

 

A deputada pide “transparencia e valentía” e que a Xunta “aclare xa se a licitación quedou deserta ou quen obtén a adxudicación” e “se vai cumprir os prazos de apertura” e rexistrou iniciativas ao respecto.

 

Así mesmo, o BNG reitera que “a decisión do PP de incumprir a súa promesa asinada no 2016 de apostar por unha xestión pública e directa con empregados e empregadas públicos é unha falta de respecto a Ourense, ás familias e á discapacidade e apela a que o Partido Popular aínda pode rectificar e planificar a medio prazo a xestión directa”.

O BNG ESIXE Á XUNTA QUE FAGA PÚBLICA A INFORMACIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CAPD CELEBRADA ONTE