O BNG exixe garantías de execución do Plan Director do complexo Hospitalario Universitario de Oure
Recordou o BNG que nos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2013 consígnanse 14 millóns de para a execución deste Plan, mais na memoria do Servizo Galego de Saúde non se explicitan que actuacións concretas se van desenvolver con estes recursos nin se establecen datas que contemplen a totalidade das actuacións previstas no plan director.
Por estes motivos o BNG vén de presentar diversas iniciativas no Parlamento galego interesándose polas actuacións do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense que se teñen previsto acometer con cargo aos orzamentos do 2013 e o horizonte temporal para a realización de ditas actuacións.
Para esclarecer estas cuestións o BNG vén de demandarlle á Xunta de Galiza a elaboración do plan de actuacións previstas para o exercicio 2013 con cargo aos orzamentos consignados para este ano así como a elaboración dun cronograma das actuacións necesarias para a finalización das medidas previstas no plan director coa súa correspondente previsión de financiamento.
Xa por último o BNG solicita que se garanta que o financiamento de todas as actuacións do Plan Director se realizarán con cargo aos orzamentos públicos e que en ningún caso se recorrerá a ningunha fórmula que implique a participación no seu financiamento de capital privado, xa que, esta é a única garantía para que os servizos, a xestión e as prestacións sexan públicas.