O BNG incluirá no programa electoral das municipais de maio do 23 a recuperación e o impulso da Universidade Popular
Desde a formación nacionalista anuncian o establecemento dunha sede fixa e a recuperación da actividade formativa, aumentando a oferta e os recursos dos que dispuña antes de ser eliminada polo goberno PP - DO
Ourense, 22 de abril de 2022. O BNG ven de anunciar que no programa electoral no que están a traballar de cara as vindeiras eleccións municipais previstas para maio do ano 2023, unha das súas propostas será a recuperación por parte do Concello da actividade formativa que a Universidade Popular viña desenvolvento até que o actual goberno local PP - DO decidiron eliminala.
As nacionalistas abogan por dotar á UPO dunha sede fixa e por recuperar e aumentar a oferta formativa así como dotala de maiores recursos. lembran desde o BNG que no último ano no que desenvolveu a súa actividade, foron preto de 3.000 os participantes nalgún dos múltiples cursos ofertados sendo das actividades promovidas até entón polo concello cunha maior aceptación popular.
Estamos diante dunha institución con 25 anos ás costas e que ten demostrado ser de gran interese para a veciñanza xa que son miles de persoas as que teñen pasado polas súas aulas.
No ano 2020, ano de tantas mudanzas, a Universidade Popular amosou a súa capacidade de adaptación as novas circunstancias derivadas da pandemia. foi quen de consensuar horarios e datas, de adaptarse nos medios a empregar, con cursos impartidos en modalidade telemática ou mesmo combinandoos coa presencial.
Resistiu á pandemia e fixoo, segundo o BNG "con moita dignidade" xa que foi quen de ofertar no curso 2020-21 ao redor de 140 cursos de variada temática como poden ser idiomas, novas tecnoloxías, corpo, saúde e calidade de vida, cultura, coñecemento, tempo libre e afeccións, intervención social, formación para o emprego ou obradoiros de artesanía.