O BNG lamenta a ausencia de programación propia para o 17 de maio por parte do Concello de Ourense
Logo de coñecer a programación das festas do Couto, feita pública polo Goberno local, desde o Grupo municipal do BNG lamentan que “nunha data tan sinalada como é o Día das Letras Galegas, o Concello opte un ano máis por diluilo dentro das festas do barrio. Jácome volve impor o seu criterio e en contra da súa proclamada liberdade, deixa á veciñanza sen unha programación cultural e festiva ampla e diversa”