O BNG inicia en Celanova a campaña contra a estafa eléctrica

TABARES VARELA LEO CELANOVA
Bernardo Varela, Leopolo Rodriguez e Iago Tabarés en Celanova

 

Iago Tabarés sinala que o prezo da luz é unha estafa, especialmente nun país como Galiza que é produtor de enerxía eléctrica. 

Bernardo Varela : “o BNG estamos recollendo sinaturas contra o tarifazo eléctrico aprobado polo Goberno español e exiximos un cambio de modelo que beneficie a xente dos territorios excedentarios de enerxía” 

O BNG inicia en Celanova a campaña contra a estafa eléctrica

Os deputados do BNG, Iago Tabarés e Bernardo Varela, participaron no inicio da campaña do BNG de recollida de sinaturas en Celanova a favor dunha tarifa eléctrica galega, xunto ao voceiro do BNG de Celanova, Leopoldo Rodríguez e militantes de Celanova, nunha xornada na que se evidenciou a masiva sensibilidade da veciñanza de cara as proposta do BNG. CELANOVA 24XUÑO ESTAFA ELECTRICA

 Iago Tabarés, deputado do BNG  sinalaba  que  “Galiza é rica en electricidade pero non se beneficia desa riqueza, ao contrario, familias e PEMES pagan cada vez máis pola factura da luz e iso pese a soportar os custes ambientais e sociais”

 Cumpre baixar o IVE da electricidade ao 4%, sinala Tabarés,  suprimir o Imposto Especial do 5%, impedir que repercuta na factura o Imposto de produción do 7%, e ademais suprimir os cargos e peaxes que non teñen relación co consumo. 

A  enerxía é ben básico e  cumpre ir a un cambio de modelo, ir a unha factura eléctrica galega, un modelo no que os territorios que son excedentarios en enerxía, como Galiza, se vexan beneficiados de xeito que a súas xentes melloren a súa calidade de vida ao igual que o seu tecido produtivo. Un modelo que xa existe en Finlandia, Suecia, Alemaña ou Reino Unido. 

O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela sinalou pola súa banda que nesta estafa legaliza desde Madrid, sempre gañan as eléctricas e o pobo é quen sae perdendo. Por esta razón indica o deputado provincial, “Isto temos que paralo entre todos, porque PP e PSOE, teñen máis intereses postos nas empresas eléctricas que nos intereses da cidadanía”

 Varela, que presenta unha proposta ao pleno provincial do día 25 de xuño para que o ente provincial se opoña a estafa eléctrica, lembrou que “desde  o BNG a parte de dunha baixada de impostos , unha ratificación xusta que cobre o que vale a luz e non o que as empresas deciden para incrementar os seus beneficios, tamén solicitamos  que Galiza teña unhas vantaxes comparativas respecto ao Estado español, e isto  é o que a cidadanía está pedindo masivamente”

O BNG inicia en Celanova a campaña contra a estafa eléctrica