O BNG insta ao goberno a tomar medidas sociais para Ourense
O portavoz municipal do BNG no concello de Ourense, Luis Seara, e a concelleira, Rhut Marina Reza, adiantaron as mocións que a formación nacionalista levarán ao pleno municipal o vindeiro pleno: o futuro da estación de autobuses e contra a violencia machista. Afirman que continuan a levar propostas positivas para o concello de Ourense.
"Desta volta levamos dúas que son moi importantes, de gran contido social e de futuro para a cidade de Ourense" comezou o voceiro municipal do BNG, Luis Seara. Foi el mesmo quen introduciu a primeira das mocións que levarán a pleno: o uso da estación de autobuses. Adiantou que manterán unha reunión coas veciñas esta mesma tarde para escoitar as propostas que teñen sobre o tema e explicou que na súa moción instarán ao goberno local a abrir un concurso de ideas.
Hai un acordo de xuño de 2016 para instar á Xunta de Galiza a que cedera as instalacións da estación de autobuses. "Este acordo tamén recollía a apertura dun concurso de ideas, medio participativo onde as veciñas puideran opinar sobre que uso darlle" sinlaou o voceiro do BNG. Asemade, Seara sinalou que tres anos despois continúa "sen clarexarse cal vai ser o uso que se lle dará aos terreos que ocupan a estación de autobuses".
Dende a Consellería de Infraestruturas manifestaron a súa intención de ceder as parcelas onde actualmente se ubica a estación de autobuses. Mais dende a equipa de goberno do Concello de Ourense "parece decantarse por facer alí un aparcamento disuasorio e iso confronta coa idea das veciñas da zona".
No tocante á moción contra a violencia machista, a concelleira do BNG en Ourense, Rhut Marina Reza Álvarez, comezou eloxiando as mobilizacións feministas que se teñen levado a cabo no noso país durante estes últimos anos. "Queremos que as institucións vaian máis alá e que o concello apoie orzamentariamente a loita contra as violencias machistas e o feminicidio" sinalou Reza.
"Queremos que o actual goberno, que debería estar traballando xa nos vindeiros orzamentos municipais, que garanta un aumento dos recursos económicos e materiais para o CIMM" apuntou Rhut Reza do BNG. Sinalou que na súa moción levan o compromiso de contratar máis persoal - unha psicóloga e unha traballadora social- como mínimo. Recuperar os programas de conciliación, cos programas "Coeduca", promoción das aulas de igualdade, recuperar a casa de acollida e un aumento orzamentario para o tecido asociativo que traballa a prol da igualdade: completan a proposta que levará o BNG ao vindeiro pleno municipal.
Integración da Intermodal
"Ben é coñecido por todos que fronte aos cambios de postura do resto de formacións políticas, o BNG sempre se mantivo na loita por unha Estación Intermodal digna para Ourense" sinalou o voceiro do BNG no concello de Ourense. "Temos pedido a través d instancias e xa na nosa primeira moción a paralización das obras" incidiu Seara . Engadíu que non hai orzamento para o porxecto de integración do AVE na cidade e manifestou o posicionamento do BNG respecto a tala masiva de árbores que se está levando a cabo nas inmediacións da Estación de Tren.