O BNG lamenta a falla de concreción do Tribunal de Contas á hora de valorar a ausencia de control en relación coas asignacións aos Grupos municipais no Concello de Ourense “estendendo a dúbida sobre todos os Grupos”

Oficina municipal do BNG no Concello de Ourense

Desde o BNG defenden o bo uso realizado das asignacións ao Grupo e do cumprimento de rendición de contas anuais coa presentación da “correspondente contabilidade en tempo e forma”

O BNG lamenta a falla de concreción do Tribunal de Contas á hora de valorar a ausencia de control en relación coas asignacións aos Grupos municipais no Concello de Ourense “estendendo a dúbida sobre todos os Grupos”

Ourense, 19 de marzo de 2024. O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense saiu hoxe ao paso das informacións relativas ao último informe emitido polo Tribunal de Contas e no que “afea o reparto sen criterio obxectivo nin control así como de posibles irregulariedades das asignacións que reciben os diferentes Grupos municipais. O Portavoz nacionalista Luís Seara, lamenta a “escasa concreción do Tribunal á hora de atribuir esas supostas irrregulariedades ou ese reparto sen criterio dos cartos, estendendo a dúbida sobre todos os Grupos municipais”.

Seara deixa claro que “desde o BNG axustámonos aos establecido na Base 41 das Bases de execución do Orzamento de 2020, prorrogado e actualmente en vigor, tanto no tocante ao uso que se pode facer da asignación como da realización dunha contabilidade anual que presentamos, como é preceptivo, no primeiro trimentre de cada ano”.

Desde o BNG sinalan que o pasado 7 de marzo, “remitimoslle esa documentación tanto a Intervención municipal para a súa fiscalización, como ao Concelleiro delegado de Servizos Xerais para a súa publicación no portal de transparencia da web municipal co obxecto de que estea a disposición de toda a veciñanza, pois son cartos públicos e a nosa obriga é rendir contas sobre o uso que facemos dos mesmos”.