O BNG leva a pleno o futuro dos Centros Cívicos de Ourense
Seara sinala o desmantelamento dos espazos de desenvolvemento social e instarán a crear máis núcleos noutros barrios do Concello
O BNG levará ao pleno municipal do Concello futuro dos Centros Cívicos constituídos en Ourense así como a transferencia da competencia dos mesmos á Participación Cidadá e constituír os Consellos de Centro como órganos de participación e coordinación.
Entre 2007 e 2015 foi creada a Rede Municipal de Centros Cívicos dotando a seis barrios da cidade de equipamentos e a apertura dun "novo modelo de participación veciñal". Os Centro Cívicos constituídos foro o da Rúa Colón, As Termas, A Cuña, A Ponte, Seixalbo e Ceboliño - este último que está directamente xestionado polos veciños e veciñas- "sendo un referente importante de dinamización social dos nosos barrios na última década" asegurou Seara, voceiro do BNG en Ourense.
"Defínense e naceron como equipamentos municipais de prestación de servizos e actividades municipais, así como de lugar de encontro e referencia da veciñanza, coa finalidade de fomentar a participación activa da cidadanía" sinalou Seara. Asemade, enumerou os diversos obxectivos que posúen a día de hoxe os xa constituídos , onde destacou a creaciñon de redes sociais e culturais así como previr a marxinación e a desigualdade social.
O paso dos anos "demostrou que foron un grande acerto, máis aínda hai materias pendentes" dado que hai xente moza "nunha franza de 18 a 25 anos" que non adoita empregar estes espazos. "Durante o pasado mandato do PP a aposta en políticas sociais foron nulas e estamos a ver como non pinta mellor" asegurou Luis Seara. A decisión de suprimir a prensa diaria de todas as dependencias municipais, colectivos e centros de ensino "contribúen para afastar ás veciñas e veciños da relaidade, especialmente aos que menos recursos económicos posúen".
Dende o BNG solicitarán que se restableza o servizo de prensa nos Centros Cívicos, locais das AAVV e centros docente así como realizar un estudo para determinar posíbeis ubicacións para novos centros cívicos. "O Pleno do Concello, no seu día, aprobou por unannimidade continuar coa idea de creación de novos espazos en máis barrios da cidade coma O Couto, Centro-As Lagos e O Vinteún. Iniciativa que debería de completarse coa construcción en barrios como A Carballeira" sinalou o voceiro do BNG, Luis Seara.