O BNG oponse ao reparto aleatorio de fondos públicos na Deputación

Bernardo Varela
Bernardo Varela

Bernardo Varela amosou o rexeitamento do nacionalismo a un reparto de fondos carente de ningún criterio obxectivo .

As dez medidas sociais, fiscais e produtivas do BNG contra a inflación ante a inacción do Estado e da Xunta son aprobadas no pleno da Deputación.

O BNG oponse ao reparto aleatorio de fondos públicos na Deputación

Ourense, 29 de abril de 2022. O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, considera que queda constatado o despropósito que é que DO e Jácome apoien o que até fai pouco cualificaban de caciquismo Baltarista, o reparto de máis 18 millóns de euros públicos sen criterio nen proxecto, e depreciando a boa parte da veciñanza da provincia de Ourense.

O voceiro nacionalista comezou indicando que ante unha modificación de crédito de máis de 18 millóns de euros, o que supón o 25% do orzamento do ente provincial, a institución debe trasladar con maior antelación a documentación aos grupos da oposición.

Para o grupo provincial nacionalista non ten sentido que o PP saque peito de ter acadado un remanente de tesoureira de 48 millóns de euros nunha provincia na que desapareceron 40 mil habitantes e cun avellentamento galopante ante a fuxida da mocidade cara territorios con mellores perspectivas.

A existencia dun remanente de tal calibre resulta incompresible ante esta situación social, pois permitiría realizar unha planificación estratéxica coa que combater os problemas que padecemos no noso territorio en vez de ter fondos públicos no banco.

Ao final o reparto arbitrario do PP e respaldado por Jácome e Democracia Ourensana voltou triunfar.

 

As medidas do BNG para mitigar a inflación ante a inacción do Estado e Xunta obtén o apoio unánime da corporación provincial

Bernardo Varela presentou dez medidas fiscais, sociais e produtivas coas que protexer ao pobo e o emprego da suba disparada dos prezos fronte a inacción demostrada pola Xunta e o Estado e conquiriu o apoio unánime do pleno para ser aprobadas.

Entre as medidas presentadas polo BNG cabe destacar o apoio dos grupos representados na Deputación de Ourense a unha “Tarifa Eléctrica Galega” e a intervención do sector eléctrico;  incremento das pensións; protección do sector agro-gandeiro; apoio ás políticas contra a violencia machista e protección das familias en situación vulnerábel ; revisión impositiva para unha fiscalidade xusta e redistributiva para que pague máis quen máis ten e se reduzan os impostos para quen menos teñen; actualización do Ingreso Mínimo Vital; a baixada do IVE en produtos básicos como alimentos, de hixiene feminina e a electricidade; baixada o prezo dos hidrocarburos ou revisar ás bolsas estudiantis á alza.

Agardamos, indicou Varela, que estas medidas se implementen o antes posible, pois a veciñanza, as empresas e os concellos de Ourense non poden seguir agardando ante a inacción dos que deberían tomar medidas, a Xunta de Galiza e o Estado.

 

 

O BNG oponse ao reparto aleatorio de fondos públicos na Deputación