O BNG pide a comparecencia do Conselleiro de Sanidade no Parlamento galego para dar explicacións polo novo derrubamento no CHUO

Noa Presas, deputada do BNG por Ourense
Noa Presas, deputada do BNG por Ourense

Presas acusa á Xunta de ser un perigo público para o persoal e pacientes de Ourense “por manter aberto un edificio que cae a cachos

O BNG pide a comparecencia do Conselleiro de Sanidade no Parlamento galego para dar explicacións polo novo derrubamento no CHUO

Ourense, 30 de marzo de 2025. A deputada nacionalista por Ourense Noa Presas avanzou este domingo que o BNG “vai exixir a comparecencia do Conselleiro de Sanidade no Parlamento Galego para dar explicacións sobre o novo derrubamento no CHUO” que cualifica de “gravísimo” e “que puido ocasionar danos persoais irreparables."

Presas lembra que "despois de décadas de problemas, a Xunta anunciou no verán a demolición e para non variar, mentiu á cidadanía e non incluíu esa obra nos Orzamentos do ano 2025".

O BNG recorda que o deterioro do edificio do Hospital Materno-Infantil do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense “é un dos principais problemas que tivo no ámbito das infraestruturas a sanidade ourensá nas últimas décadas” e engaden, cómpre recordar que malia o seu deterioro, advertido por profesionais e por usuarios e usuarias, a Xunta de Galiza negou reiteradamente a necesidade dun novo edificio e apostou en todas e cada unha das revisións que fixo do Plan Director, desde o ano 2001 pola reforma".

A situación de deterioro é tal que nos últimos anos, ademais de continuar pechadas varias áreas deste edificio, sucedéronse diferentes incidentes que foron comunicados á inspección ou que foron denunciados publicamente. Segundo Noa Presas, “un dos máis graves, polo seu risco e polas consecuencias en materia de dereitos que tiveron os máis de seis meses de demora en solucionalo, foi a caída dun teito na sala de partos a finais de 2023 e agora este novo derrubamento que puido causar danos persoais irreparables."

Para o BNG esta é "unha situación inadmisible e alguén na Xunta ten que asumir responsabilidades políticas ao ser un perigo público para o persoal e pacientes de Ourense por manter aberto un edificio que cae a cachos."

O BNG pide a comparecencia do Conselleiro de Sanidade no Parlamento galego para dar explicacións polo novo derrubamento no CHUO