O BNG pide que se pacten cos sindicatos unhas novas bases de contratación de persoal
De costas aos sindicatos aprobou o goberno de Ourense as novas bases de selección de persoal, funcionario interino e laboral temporal. Cando se fixo o anuncio, @s representantes d@s traballadores e tamén o grupo municipal do BNG lle pediron ao alcalde que as retirara e retomara as negociacións para elaborar unhas novas que obtiveran o consenso de todos.
Máis o PSOE impuxo novamente o seu criterio e aprobou unhas bases que supoñen un paso atrás sobre as que estaban vixentes dende 2008. Entre outras cousas, incúmprese o principio de publicidade ao non asegurar a súa publicación nun medio oficial.
Para o portavoz do BNG, Xosé Somoza, as bases aprobadas tamén adolecen de falta de igualdade pois cada convocatoria poderá fixar as súas propias bases con baremos específicos, con ou sin proba práctica, o que fai que se produzan grandes diferenzas entre o acceso a postos de traballo de cualificación semellante.
Asemade, amosan falta de transparencia pois o proba práctica que se pode estabelecer no proceso selectivo non ten carácter público.
Todas estas deficiencias motivan que o grupo municipal do BNG presente unha moción no pleno de outubro na que pide a anulación das bases e a convocatoria da mesa xeral de negociación para pactar unhas novas que conten co consenso de todas as centrais sindicais. Para o BNG, a cidadania debe poder acceder a todas as convocatorias públicas en igualdade de condicións e con garantías de ser valarod@s con xustiza igual para tod@s.