O BNG sobre as propostas de moción de censura en Concello de Ourense e Deputación: “nós estamos construíndo unha alternativa serie e rigorosa á lousa que supoñen 40 anos de gobernos do PP”

Luís Seara e Bernardo Varela
Luís Seara e Bernardo Varela

Os Portavoces do BNG no Concello de Ourense Luís Seara, e na Deputación Bernardo Varela, destacan que “o único certo que hai a día de hoxe é o acordo asinado en xuño de 2023 entre o PP e DO, todo o demais son roldas de prensa e mensaxes de whatsApp, ou sexa, fume”

O BNG sobre as propostas de moción de censura en Concello de Ourense e Deputación: “nós estamos construíndo unha alternativa serie e rigorosa á lousa que supoñen 40 anos de gobernos do PP”

Ourense, 31 de maio de 2024. Como consecuencia das propostas verbalizadas nos últimos días, por unha banda polo Grupo municipal do PSdeG-PSOE como pola remitida esta mesma mañá por Democracia Ourensana e nas que se propoñen senllas mocións de censura tanto no Concello de Ourense como na Deputación, o BNG, a través dos seus Portavoces en ambas institucións, Luís Seara e Bernardo Varela sinalan que “o Partido Popular fixo a Jácome Alcalde hai cinco anos, volveuno facer Alcalde hai un ano, pese a todo o acontecido no mandato anterior e non dubidamos que o voltarán facer Rexedor se o precisan dentro de tres”.

Os nacionalistas sinalan que “o primeiro que ten que facer o PP para ser cribe é que o seu máximo responsable, Alfonso Rueda e a súa Secretaria Xeral e asinante do acordo Paula Prado, rachen públicamente o mesmo e pidan disculpas á veciñanza de Ourense polo dano causado”.

No referido á proposta trasladada esta mesma mañá por Gonzalo Pérez Jacóme ao resto de Grupo políticos na Deputación, Bernardo Varela afirma que, “ao igual que o PP, Jácome terá que romper o acordo e pedir disculpas por ter feito a Luís Menor Presidente da Deputación”.

Para o BNG, a maior lousa que leva preto de 40 anos afectando a Ourense e facendo que cada vez sexa máis pequeno e irrelevante “chámase PP polo que non ímos facer nin Alcalde nin tenente-Alcalde a ninguén do PP. O BNG é a antítese a todo o que representan os Populares”.

Alternativa real, seria e rigorosa.

Ambos Portavoces coinciden á hora de sinalar que “no BNG estamos traballando arreo na construción dunha alternativa real, seria e rigorosa ao PP, a única alternativa, polo que non ímos perder o tempo en seguir alimentando o ruido que outros pretenden crear”, e engaden, “o BNG non ten ningún problema en reunirse nin en falar pero que deixen de enganar á veciñanza. Levamos tres anos falando de posíbeis mocións de censura e alimentando unhas expectativas que non son reais”.

Por último, no BNG destacan que, “o que está acontecendo estes días nin é serio nin ofrece credibilidade. O único que temos é un anuncio a través dunha rolda de prensa e unha suposta convocatoria a través dunha mensaxe de whatsapp, fume nada máis. O único real e certo é o acordo asinado en xuño de 2023 entre PP e DO”.


 

O BNG sobre as propostas de moción de censura en Concello de Ourense e Deputación: “nós estamos construíndo unha alternativa serie e rigorosa á lousa que supoñen 40 anos de gobernos do PP”