O BNG quere que a Praza Paz Nóvoa volva ser espazo público
O grupo municipal do BNG ten amosado en numerosas ocasións o prexuizo que a proliferación e descontrol das terrazas están a causar aos viandantes en varias zonas da nosa cidade.
Un dos exemplos máis escandalosos é o da Praza Paz Nóvoa que, a xuizo do BNG, deixou de ser un espazo público para se converter no coto privado dos establecementos hosteleiros da zona.
Agora o concello ven de facer unha pequena remodelación, din que por seguridade e para que os nenos disfruten do entorno, e dende o BNG preguntámonos de qué entorno falan si está todo invadido por mesas e cadeiras.
A concelleira Susana García pídelle ao equipo de goberno que fagan cumprir a ordenanza de terrazas porque os espazos públicos son para disfrute de todas as veciñas e veciños de Ourense, estén ou non pagando unha consumición nun ha cafetaría.
Todas as reparacións que se fagan pola seguridade d@s cativ@s están ben máis o grupo de goberno tamén debería mirar para outras zonas da cidade, barrios periféricos e parroquias, que contan con escasos parques e os que teñen están, nalgúns casos, deteriorados.
qu