O BNG reclama máis compromisos reais e menos declaracións de intencións

O BNG reclama máis compromisos reais e menos declaracións de intencións

O Grupo Municipal do BNG rexeitou suscribir a proposta de Declaración Institucional para o 8 de marzo que lle presentou o grupo de goberno. @s concelleir@s do BNG reclamarán no pleno do venres a través de dúas mocións compromisos concretos do PSOE no Concello e do Partido Popular na Xunta para implementar políticas reais de equidade que favorezan o avance das políticas de igualdade.

A proposta do BNG debatirase no pleno do venres unha moción para impulsar estas políticas dende o Concello de Ourense, desenvolvendo a ordenanza municipal para a promoción da Equidade de xénero, dotando á Concellaría de Igualdade de persoal e recursos, garantindo o servizo de atención psicolóxica ás mulleres víctimas de violencia machista e o acceso á xustiza que non teñan capacidade económica para facelo nun contexto no que o Partido Popular privatiza a xustiza e esta fica reservada a quen poda pagala.

O BNG presenta unha segunda moción na que os diferentes grupos poderán asumir compromisos concretos en favor da igualdade instando á Xunta de Galicia a garantir orzamento suficiente para Programas de Inserción laboral das Mulleres mozas, Plans de Formación Persoal en atención a vítimas de violencia de xénero e a Casa de Acollida de Ourense.

Todos estos, e outros, son os compromisos que quere asumir o BNG e que reclama dos outros grupos políticos, situando por riba das declaracións institucionais o traballo e as iniciativas concretas que axudan a avanzar as políticas de igualdade nun escenario de derrube do sistema económico, sanitario, cultural e educativo que afecta enormementa a todas as mulleres.

[ TEXTO ÍNTEGRO MOCIÓN PARA IMPULSAR AS POLÍTICAS DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE OURENSE ]

[ TEXTO ÍNTEGRO MOCIÓN A PROL DAS POLÍTICAS DE IGUALDADE ]

Ourense, 25 de febreiro de 2013

Grupo Municipal do BNG

O BNG reclama máis compromisos reais e menos declaracións de intencións