O BNG solicita información diaria para as familias das persoas residentes en Molgas

  • A formación nacionalista insiste na necesidade dun Plan de Choque para as residencias que evite novas situacións límite como a vivida en Celanova.
  • O BNG pide na deputación Permanente a comparecencia da Conselleira de Política Social para tratar esta situación.
O BNG solicita información diaria para as familias das persoas residentes en Molgas

O BNG ven de solicitarlle ao executivo galego que traslade información diaria ás familias das persoas ingresadas no complexo instalado no Concello de Molgas. Dende a formación insistiron na aplicación dun plan de choque para as residencias de maiores de Ourense ante un posíbel aumento de casos na provincia e tendo un ratio tan elecado de persoas maiores.

Dende o BNG seguen con preocupación a evolución da emerxencia sanitaria con especial atención ás residencias de maiores de Ourense- coa ratio máis elevada de prazas- e reclámanlle ao executivo galego poñer en funcionamento un novo equipo de traballadoras e traballadores. Entenden as dificultades da situación mais pensan que é prioritario que se mellore a política de comunicación coas persoas familiares. “Nestes momentos hai casos nos que non teñen noticias desde o pasado venres” informaron.

A formación nacionalista reclamou maior esforzo para que as familias podan ter información xa que se “trata dunha situación de grande angustia pois todas as persoas que van a ese centro están doentes e son de alto risco: por idade ou por ter patoloxías asociadas” afirmaron.  Indicaron que é preciso que os seus seres queridos sen coñecer cal é a evolución.

“Insistimos en implantar un plan de choque nas residencias de maiores, prevendo reforzos de persoal e a dotación de máis recursos como o de Baños de Molgas” sinalaron  tendo en conta que pode haber un aumento de persoas contaxiadas. “Entendemos que é necesaria unha comparecencia da Xunta de Galiza na sede do Parlamento de Galiza e que, entre todos os grupos políticos, poidamos formularon verdadeiro plan de choque” reiteraron.

Temen que, de non anticiparse aos posíbeis acontecementos, o territorio galego pase por situacións como a que ocorreron noutros territorios do Estado.

 

O BNG solicita información diaria para as familias das persoas residentes en Molgas