O BNG traslada ao pleno da Deputación de Ourense a oposición á central hidroeléctrica reversible de Castrelo de Miño, Cartelle e A Arnoia
O grupo provincial do BNG súmanse ás iniciativas dos Parlamentarios e concelleiros do BNG promovendo iniciativas para que o proxecto morra xa na fase postestativa
O grupo provincial do BNG de Ourense e representantes do BNG dos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño compareceron en rolda de prensa para informar dos pasos dados nos diferentes concellos e dos acordos que se lle proporán ao pleno provincial de Ourense para que o ente provincial se opoña á central hidroeléctrica reversible en Castrelo de Miño, Cartelle e A Arnoia, un proxecto que a veciñanza valora negativamente.
Bernardo Varela, voceiro do Grupo provincial do BNG de Ourense, trasladou á prensa que o BNG que demandará da Deputación garanta que o proxecto de central reversible fique xa paralizado na fase potestativa do proxecto, na que esta institucións e os concellos directamente afectados, se teñen que pronunciar e non teña máis percorrido posible. “Tamén demandamos dos gobernos dos concellos afectados que fagan pública as comunicacións enviadas ao MITECO para tranquilidade da veciñanza, que se opón firmemente á megabalsa no Coto Novelle.”
Desde a organización nacionalista tamén advirten da necesidade de demandar do goberno central que rexeite a elaboración do documento de determinación do alcance do estudo de impacto ambiental da central hidroeléctrica reversible Castrelo nos concellos de Castrelo de Miño, A Arnoia e Cartelle promovida pola empresa San Isidro Solar 3 SL para protexer os intereses dos galegos e galegas ante o prexuízo ambiental, económico e social que tería.
Os nacionalistas esixen a aposta por un novo modelo enerxético galego a partir da elaboración dun Mapa de necesidades e ordenación enerxética onde se planifique que tecnoloxías precisamos e as súas posibles localizacións e que se someta esta planificación a unha avaliación ambiental estratéxica para ter as máximas garantías de protección medioambiental. Neste senso é ncesario que a Xunta asuma as debidas competencias para que Galiza xestione directamente os seus rios e bacias. Co fin último de evitar que empresas eléctricas comprometan os intereses ambientais, económicos e sociais do País e exploten os nosos recursos naturais de costas aos intereses dos galegos.
Pola súa banda os representantes do BNG dos concellos de Castrelo de Miño e Cartelle, fixeron fincapé no traballo desenvolvido pola organización nacionalista nos seus respectivos concellos para informar á veciñanza da existencia do proxecto e das implicacións para veciños e veciñas, especialmente pola megabalsa que se crearía no Coto Novelle. “Se non for polo BNG nin se tería informado á veciñanza da existencia deste proxecto e até o momento os alcaldes de Cartelle e A Arnoia nin informaron á veciñanza”
Francisco Alonso, concelleiro do BNG de Castrelo de Miño, sinalou que tras convocar dúas xuntanzas coa veciñanza, presentar mocións ao concello, a alcaldía afirmou poscionarse coa veciñanza e oporse ao proxecto de megabalsa. Concha Alonso do BNG de Cartelle, sinalou que tras presentar unha moción no concello e dar aviso da situación á veciñanza o alcalde aínda non falara coa veciñanza do concello para posicionarse públicamente a respecto do proxecto, o que xera unha preocupación entre a veciñanza polas posibles afectacións en caso de que o proxecto vaia adiante.