O BNG urxe ao Goberno local a aclarar a situación da discoteca Desörden logo de coñecerse o informe dos técnicos e certificarse que incumpre a Ordenanza municipal

Luís Seara, Portavoz do BNG
Luís Seara, Portavoz do BNG no Concello de Ourense

Desde o Grupo municipal do BNG entenden que diante do informe técnico elaborado relativo aos ruidos emitidos pola discoteca e no que se certifica que esta incumpre a ordenanza municipal e atendendo ás propias palabras do Alcalde, “o Concello ten que actuar de inmediato”

O BNG urxe ao Goberno local a aclarar a situación da discoteca Desörden logo de coñecerse o informe dos técnicos e certificarse que incumpre a Ordenanza municipal

Ourense, 30 de xaneiro de 2026. No día de hoxe coñeceuse o informe emitido pola técnica a respecto das denuncias presentadas pola veciñanza tanto do edificio onde se ubica discoteca Desörden como das comunidades vindeiras. O obxectivo do mesmo non era outro que verificar o nivel de ruído emitido polo local e se este cumpre ou non cos parámetros establecidos na Ordenanza municipal sobre a protección contra ruídos e vibracións, cuestión esencial poal cal lle foui concedida a licenza de apertura.

As conclusións do informe segundo sinalan desde o BNG “son claras”, xa que segundo o seu Portavoz municipal Luís Seara, “constatouse a existencia de emisións sonoras que non foron correctamente controladas polo limitador existente, o que permite inferir a presenza de equipos de reprodución ou amplificadores non integrados na cadea do sinal xestionado polo citado limitador” e engade, “no propio informe dise que dita configuración imcumpre as prescripcións técnicas establecidas na Ordenanza municipal ao permitir a emisión de niveis sonoros non sometidos a control”.

Seara lembra que xa no Pleno celebrado no Concello de Ourense o pasado mes de decembro de 2025, “advertimos sobre as dúbidas e irregulariedades detectadas en torno a reapertura do local así como das múltiples molestias que esta estaba a causar na veciñanza, entre elas polo exceso de ruído”.

Naquel Pleno, o Alcalde chegou a afirmar que a reapertura contaba con todos os informes técnicos favorables e que no caso de “facerse algunha medición, se pasa dos decibelios, a discoteca non pode operar e punto”.

Diante da nova situación derivada do informe emitido pola técnica, desde o Grupo municipal do BNG urxen ao Goberno local a que, “en coherencia co expresado polo propio Alcalde, adopte de maneira urxente todas as medidas precisas para que dito local deixe, efectivamente, de operar”.

O BNG adianta que vén de presentar unha pregunta escrita para resposta oral no Pleno ordinario do mes de febreiro e previsto para o vindeiro venres día 6, solicitando resposta a “cómo é posible que se permitise iniciar unha actividade sen o estudo acústico que a técnico municipal considera imprescindible? así como, “que medidas adoptou o Concello á vista do informe?”.

O BNG urxe ao Goberno local a aclarar a situación da discoteca Desörden logo de coñecerse o informe dos técnicos e certificarse que incumpre a Ordenanza municipal