O BNG alédase do pagamento das subvencións pendentes por parte do Concello desde o ano 2022 ás entidades do terceiro sector pero advirte da situación das dos anos 2023 e 2024

Rhut Reza, Concelleira do BNG
Rhut Reza, Concelleira do BNG

Ao tempo, Rhut Reza sinala que onte mesmo resolvéronse as axudas das entidades que por falla de orzamento volveron quedar fóra en 2023 e 2024. “Agardemos a que desta volta se actúe con moita máis celeridade e poidan recibir as axudas á maior brevidade”

O BNG alédase do pagamento das subvencións pendentes por parte do Concello desde o ano 2022 ás entidades do terceiro sector pero advirte da situación das dos anos 2023 e 2024

Ourense, 20 de xaneiro de 2026. O Grupo municipal do BNG amosa a súa satisfacción polo feito de que logo de tantos meses e mesmo anos, as entidades do terceiro sector beneficiarias de subvención por parte do Concello de Ourense no ano 2022 vaian cobrar finalmente dita axuda. A Concelleira nacionalista Rhut Reza, sinala que “aledámonos de que por fin as entidades ás que por culpa dunha neglixente planificación orzamentaria por parte do Goberno local de DO e pola cal se lles negou durante anos a subvención á que tiñan dereito, vaian finalmente recibir os cartos”.

Reza incide no feito de que en 2026 “van cobrar aquela subvención do ano 2022 á que tiñan dereito e que o Goberno de Democracia Ourensana lles negou” e engade, “desde o BNG xa denunciamos en decembro do ano 2022 que era unha inxustiza que por falta de planificación, estas entidades quedaran sen cobrar”.

O Grupo municipal do BNG”, insiste Rhut Reza, “acompañou ás entidades e a súa loita ao longo de todos estes anos para que puideran, por fin, cobrar esa subvención. Parabenizámolas por la súa loita incansable e pola súa constancia”.

Subvencións dos exercicios 2023 e 2024.

Ao tempo, desde o BNG advirten que o vivido coas subvencións do ano 2022 podería volver a repetirse se, desta volta, o Goberno local non muda o seu xeito de actuar xa que onte mesmo o BOP publicaba senllos Decretos de finais de decembro relativos ás subvencións correspondentes á convocatoria dos anos 2023 e 2024, en relación coas entidades ás que non se lle puido conceder inicialmente a mesma por terse esgotado o crédito. Rhut Reza agarda que “desta volta, en canto as entidades presenten a documentación xustificativa requerida, para o cal teñen un mes, o Goberno local proceda ao pagamento das subvencións e que non se vexan avocadas de novo, como coas de 2022, a ter que agardar anos para poder percibilas”.
 

O BNG alédase do pagamento das subvencións pendentes por parte do Concello desde o ano 2022 ás entidades do terceiro sector pero advirte da situación das dos anos 2023 e 2024